Conversa:Adozante

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • O artigo desprende unha idea negativa dos edulcorantes (e pos extensión, doutros aditivos) moi discutible e moi discutida. Afirmar que "Hai estudios que demostran que os edulcorantes sintéticos, por enriba de determinadas doses, son nocivos para a saúde" é tendencioso, porque todo alimento, incluída a auga, é nocivo para a saúde por riba de determinadas doses; aínda que logo se intente rebaixa-la advertencia. Efectivamente, tamén os aditivos (todos) poden ser tóxicos a determinadas doses, e por iso autorízase o seu emprego segundo listas positivas que permiten o seu uso en determinados alimentos e a determinadas doses máximas.
  • Citar neste tema o Código Alimentario Español é anacrónico: está derogado no tema dos aditivos desde hai anos e agora deben cumprir unha lexislación específica que vén dunha Directiva de 1995 (no caso dos edulcorantes), e posteriores modificacións.
  • O artigo está cheo de castelanismos.
  • Pedro --Lameiro 16:47, 13 xullo 2007 (UTC)
  • Os edulcorantes, entendidos como aditivos alimentarios, non son nutritivos, por definición. O azucre, que si é nutritivo, non é un edulcorante no contexto dos aditivos.
  • As afirmacións de que este ou aquel están prohibidos en tal ou cual país, deberían documentarse. Teñen toda a pinta de pasar dunha web ou revista a outra sen que ninguén se pare a confirma-lo dato. Aínda así, sería perfectamente posible xa que cada país é un mundo e lexisla como mellor lle parece.
  • Pedro --Lameiro 16:56, 13 xullo 2007 (UTC)

Adozar ou edulcorar consiste en proporcionarlle un sabor doce ou máis doce a algo, polo que o azucre común ou sacarosa cando se lle engade a unha cousa sería un adozante. Non sería un adozante o azucre que de xeito natural contén un alimento. O dicionario da Real Academia Galega define como edulcorar tornar doce algo que non o é engadíndolle azucre, mel, xarope ou algunha substancia química de efectos análogos. O mesmo dicionario admite como definición de edulcorante, ademáis da definición anterior, a de substancia que sen conter azucre serve para edulcorar.

Non creo que do artigo se desprenda unha idea negativa dos edulcorantes, senón un uso prudente dos mesmos, e non creo adecuado comparar os perigos dunha inxesta excesiva de auga cunha inxesta excesiva de edulcorantes. Baséome no seguinte: a dose letal de auga sería unha inxesta rápida (sen que os riles tiveran tempo de eliminar o seu exceso) duns tres litros, o que non é moi doado de facer sen provocar vómito. As doses letais de prácticamente todolos edulcorantes e sensiblemente menor, por non decir infinitamente menor, e non sería moi preocupante se somentes estivese o noso alcance tomar os edulcorantes que a industria alimentaria introduce nos alimentos. Hai que ter en conta que na nosa casa podemos ter frascos cos que podemos superar a dose segura se non facemos un uso adecuado dos mesmos. É dicir, que os edulcorantes sexan seguros, non implica que os podamos empregar en calquera dose, polo que hai que ser prudente no seu uso.

gl:Adozante[editar a fonte]

Ó final de todo deste artigo aparece escrito "gl:Adozante". Quero crer que sobra e que haberá que borrar ou marcar dalgún xeito. Pedro --Lameiro (conversa) 17:16, 4 decembro 2007 (UTC)

Sobraba o [[gl:Adozante]] que había na lista de interwikis, xa o amañei, grazas polo aviso :D --Banjo tell me 17:33, 4 decembro 2007 (UTC)