Conversa:Actiniarios

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Suxiro, aos que poden facelo, os seguintes cambios neste artigo.

  • O primeiro, cambiar o título polo de Actiniarios (en latín científico, Actiniaria): unha *anémona de mar non é unha orde de animais, senón un animal de dita orde (que é a dos actiniarios).
  • En segundo lugar, cambiar todas as mencións ás *anemones de mar que figuran no texto, xa que a RAG establece que a forma correcta para designar estes animais é anemone de mar,
anemone s.f. 1. Bot. Planta herbácea da familia das ranunculáceas, de follas basais con longos pecíolos, flores polo xeral solitarias e vistosas, da que existen distintas especies. Distintos tipos de anemones cobren a base da estatua. 2. Bot. Flor desta planta. Enriba da mesa había un floreiro de anemones. 3. Zool. Anemonia sulcata. As anemones liberan substancias tóxicas como medio de defensa. SIN. actinia, anemone de mar, apegón.
Anemone de mar. Anemone (ac. 3). As anemones de mar sobreviven fóra da auga.[1]
de acordo coa súa etimoloxía.[2]
  1. anemone
  2. Do latín anĕmǒne, e este do grego ανέμονε anémone, de άνεμος ánemos, vento.