Conversa:Accidente xeográfico

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Fáltanme 3 palabras por traducir:

  • Barra
  • Chapada
  • Restinga. Parece que arrecife é a súa tradución máis correcta.

Alguén sabe cales son os seus termos correspondentes en galego?--Xoán Carlos Fraga 17:26, 17 novembro 2005 (UTC) ---

  • Barra é tamén en galego.
  • Chapada non o sei, semella un accidente xeográfico propio do Brasil.
  • Restinga si é arrecife.
  • Mesa, non o atopei en galego con ese significado, habería que comprobalo.
  • En montaña, faise referencia á colina, o dicionario Cumio dáo como forma incorrecta remitindo a outeiro, que habería que incluír entre os accidentes xeográficos.
  • Por certo en Planicie aparece gramo, o correcto é grama, no Brasil gramo é cubrir ou plantar de grama, pero esa forma non existe no galego nin no portugués de Portugal que eu saiba.--Rocastelo(fálame aquí) 17:53, 17 novembro 2005 (UTC)

--- Todo arranxado. O Gran dicionario Xerais recolle a acepción mesa: "Extensión chá de terreo situada a considerábel altura sobre o nivel do mar". Só falta chapada, e o Estravís di que é unha planura nunha costa dun monte. Eu deixaría o artigo así. Que opinades?--Xoán Carlos Fraga 11:34, 21 novembro 2005 (UTC)

máis "accidentes"[editar a fonte]

Nun futuro conviría engadir:

  • cabo, falesía, desfiladeiro
  • lago, lagoa, ría, mar, océano, represa, pantano, enseada
  • bacía/cunca, cañón, val,
  • cordilleira, serra, pico, pena, monte

--XoseL 20:26, 21 novembro 2005 (UTC)