Conversa:Acabalgamento

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dos varios termos referenciados que aparecen no BUSCatermos, o que me parece máis apropiado é acabalgamento, porque o verbo cabalgar no DRAG é só montar a cabalo, mentres que acabalgar significa tamén superpoñerse, quedar unha cousa enriba doutra (que é do que se trata aquí). Tendo en conta isto, cabalgamento, case coincidente co castelán cabalgamiento e termo moi usado, podería non ser o máis apropiado. Encabalgamento ten un significado en lingüística que pode crear confusión, pero encabalgar significa tamén superpoñer no DRAG; polo momento puxen a redirección como "encabalgamento (xeoloxía)". Acabalamento parece un calco do portugués acavalamento, idioma no que existe o termo acavalar (en galego sería acabalgar, segundo o DRAG) co significado de superposición e de montar a cabalo; como non coinciden os verbos acavalar e acabalgar, non me parece tampouco o máis apropiado, pero puxen a redirección.--Miguelferig (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 19:27 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Acabalgamento. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de agosto de 2018 ás 21:59 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2019 ás 05:13 (UTC)[responder]