Conversa:813

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A data tradicional na que se considera que se descubriu o sartego de Santiago é o 813, actualmente téndese a considerar que foi entre o 820 e o 830 seguindo as teses que expón López Alsina en El nacimiento de la población de Santiago de Compostela en el siglo IX (1985) De ser no tempo de Carlomagno o bispo de Iria non sería Teodomiro, sería Quendulfo. A fonte histórica máis antiga que narra o descubrimento é a Concordia de Antealtares (1077)--Rocastelo(fálame aquí) 19:08, 19 febreiro 2006 (UTC)

  • Eu lembro nos meus tempos de estudante que había un paisaniño que se adicaba a dar conferencias sobre o camiño de Santiago, tamén contaba (o que podería ser a posibilidade) da historia do santo e sobor de todo centrabase na súa morte e o posterior descobrimento. Posteriormente e trala conferencia sempre nos encargaban un estudo sobre o tema. Lembro que este home chegaba (non perteneceía a nengún colexio relixioso nin era fraile, tan so, parece ser un estudado no tema) e dicía o seguinte: ¡Amí los romanos!. Preciso unhos detalles a ter en conta:

1º) Santiago "o Maior" en corpo morto veu acompañado de dous discipulos (Atanasio e Teodosio) que arribaron en Iria Flavia (a sazón naqueles tempos en poder dunha nobre chamada "Lupa") e a cal lles cedeu unhos terreos no "Monte Libredón" onde o soterraron (aquí a data no é precisa polo que se extima a redores de ano 44/45).

2º) Despois de mortos os dous discipulos e enterrados o caron da tumba de Santiago (o cal, segundo a tradición ou historia da igrexa, fora decapitado). Este home menciona que a data máis acertada era o ano 813 (segundo se podía determinar no Códex Calixtinus). A tradición asociou o achádego o bispo Teodomiro, pero (segundo este home) que realmente atopou a situación do soterramento do sacrego foi un ermitaño chamado Prelagio (ou Prelallius) o cal puxo en coñecemento do bispo tal, limitándose éste a executala orden de levantamento da terra.

3º) Aunque a tradición (lenda) e a historia mezclanse neste apartado, o parecer, o anxo que gardaba a tumba do apóstolo, mencionoulle a Prelagio que o corpo fose trasladado o norleste 4 leguas (certo ou non?). A curiosidade é tal que Teodomiro envía notificación do achádego a polo entonces rei Afonso II "o Casto"; sendo éste quen llo comunica a Carlomán (ou Carlomagno) qué, máis tarde llo faría chegar a oidos do Papa Inocencio III.

  • Como se vé, e aparte de outro datos que dispoño nas miñas procuras, segue a ser un misterio, pero na maioría dos casos aparece a data 813 (segundo a tradición). Se temos en conta como viaxaban os correos (por dicilo de algún xeito) e as reminiscencias do bispo Teodomiro, amén de outras cousas. As datas podense aproximar bastante.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 21:15, 19 febreiro 2006 (UTC)