Conversa:8-Oxo-2'-desoxiguanosina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os nomes de compostos químicos non empezan normalmente con maiúscula, xa que, en si mesmos, son nomes con minúscula. Ten que haber algunha razón para escribilos con maiúscula, que xeralmente son os signos de puntuación que lles afectan, ou titulos. Non obstante, debe terse en conta que a IUPAC considera que nos nomes de compostos químicos que empezan por números ou por letras gregas, a primeira letra da palabra é a letra que vai despois do número ou letra grega. Isto implica que se hai que poñer o nome do composto con maiúscula, dita letra irá con maiúscula. Isto ocorrerá no título de páxinas ou seccións cando se empeza polo nome do composto, ou tamén despois de punto e seguido ou punto e á parte (isto último rara vez se dá no noso idioma, que usa xeralmente artigos, pero pode darse noutras linguas). Por tanto, non é unha contradición poñer como título 8-Oxo-2'-desoxiguanosina (con O maiúsculo), pero despois escribir "A 8-oxo-2'-desoxiguanosina é un composto que..." (con minúscula agora, porque non é a primeira palabra da frase). Non obstante, cando está abreviada sempre é 8-oxo-dG.--Miguelferig (conversa) 1 de outubro de 2016 ás 16:57 (UTC)[responder]