Conversa:6 de xaneiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Solicito autorización para depura-la sección de acontecementos destacados e eliminar "noticias" tan "destacadas" coma estas (son só un exemplo, hai moitas máis do mermo tenor):

  • Serviá gaña unha etapa do Dakar e sitúase só a cinco minutos do liderado.
  • Grave crise no Goberno de Berlusconi trala dimisión do ministro de Exteriores.
  • Morre un turista australiano ao ser acoitelado cando visitaba as cataratas Victoria.
  • Unha muller bébeda confía o volante o seu fillo de cinco anos e o coche estrelase contra unha árbore.

Sei que é moi subxectivo clasifica-lo que é relevante ou non, o que é enciclopédico e o que non, pero prometo ser xeneroso e, en caso de dúbida do seu interese colectivo, deixalo estar. Ó mellor sería boa idea un wikiproxecto deses para revisa-la relevancia dos acontecementos dos 365 días do ano, pero dáme a impresión de que este "exceso" de noticias só se dá nos primeiros días de xaneiro.

Pedro --Lameiro 10:45, 9 setembro 2007 (UTC)

  • Concordo O certo é que hai demasiados acontecementos no día 6 de xaneiro na Galipedia, e algúns pouco relevantes, como os que indicas. Eu persoalmente concordo con quitar algunhas. --Xoán Carlos Fraga 11:33, 9 setembro 2007 (UTC)

Concordo Penso que en acontecementos deben estar efemérides destacadas e non sucesos.Alma 11:49, 9 setembrLansbricae (Ti dirás) 16:01, 9 setembro 2007 (UTC)o 2007 (UTC)

Comentario Por exemplo, eu tamén proporía retirar todos os premiados polo premio Nadal dado que xa hai un artigo referente a iso que contén unha lista dos premiados, non ten sentido repetir toda esa información. Alma 11:53, 9 setembro 2007 (UTC)

  • Concordo Concordo (com ambas, incluíndo a retira do premio Nadal)--Maañón 12:52, 9 setembro 2007 (UTC)

Comentario Non hai artigo feito pero os premiados polos Premios Josep Plá tamén deberían pasarse a un artigo sobre ditos premios. Se estades de acordo, pasaríaos eu e buscaría información sobre esos premios para completalo. Alma 14:17, 9 setembro 2007 (UTC)

  • Vale, eu estou de acordo. AlberteSi, digame? 14:18, 9 setembro 2007 (UTC)
  • Concordo. Para este e outros casos, se os premios se entregan sempre ese mesmo dia, pódese pór ao fondo, por onde andan as conmemoracións, unha liña que diga "Entrega dos premios tal". --Xosé (✉) 14:23, 9 setembro 2007 (UTC)

Concordo co que dis pero teño que verificalo porque non estou segura ;) Poreime a traballar no artigo e logo tratarei de comprobar se tanto os Nadal como os Josep Plá se entregan sempre o 6 de Xaneiro. Alma 14:26, 9 setembro 2007 (UTC)

  • Concordo e incluso despois tamén poderíase traballar en homoxeneizar o formato dos permios e certames literarios o que creo facilitaría a accesibilidade á información. Lansbricae (Ti dirás) 16:01, 9 setembro 2007 (UTC)

primeira operación de cirurxía[editar a fonte]

Elimino diferentes efemérides non destadas nin destacables. Unha fíxome moita gracia: "2003 - O novo etiquetado informativo dos produtos cárnicos coexistirá co antigo até o 20 de xuño". Outro día tocaralle ós nacementos e mortes. Pedro --Lameiro (conversa) 20:33, 23 decembro 2007 (UTC)