Conversa:1 de xaneiro/Arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Outros: Crónicas e agoiros[editar a fonte]

Non entendo que fai esa sección alí, na miña opinión débese eliminar.--Fryant 12:03, 7 agosto 2007 (UTC)

  • Estou totalmente de acordo, non ten nada de enciclopédica. --Alex 16:29, 7 agosto 2007 (UTC)
  • O que pasa é que non vos entendedes a vosoutros mesmos, por máis que se os explica seguides a ver a mosca diante do que realmente non é; e iso dende logo é moi triste. Moitos estudos, moita titulación e moito master pero as cronicas remacadas oralmente por unha persoa vella e cega. Que vé ela máis no sei saber que todo o grupo que estamos a traballar aqui e que, nen sequera saben aprezar as realidades das "entre-liñas" contadas nestas secións. Ai, perdón, no se vaia se ser que tamén se mal intrepreten estas palabras, pero para de aquelas; se o que buscamos é unha Galipedia que sea agarimosa en letras os ancians a vez de que ten moito de axuda o xoven estudante. Pobres de nos se, no lugar de darlles o mellor de nosos mesmos (dos devanceiros e da xente vella dos lugares) lles damos tecnicismos. Adiante pois, logo que non se diga "O primeiro, as demáis wikipeidas danme igual. Que elas fagan o que queiran, que eu segurei adicándome a ista" cando se trata de innovar. E logo isto "E o que puxeches nese artigo para un blog ou un libro está moi ben, pero o seu contido enciclopédico en relación co 1 de xaneiro, na miña opinión, é nulo, e por tanto, débese eliminar" no que se semella que non se sopesou o que está exposto. Premio para a nulidade pero sepan a súas "mercedes" que un 30 % da información que aparece nestes proxectos curiosamente tamén provén de block e o resto (resumo ou copia, interpretese como máis guste) dos libros. Logo!!!! que carallo temos que falar?. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:04, 7 agosto 2007 (UTC)
Xa se ve que non aturas críticas, que es deses que ou sisisisisisi ou cala. E aínda por riba sacando de contexto as miñas palabras (para o resto, podédelas ver na paxina de discusión de Xelo). E repito, por moito que che pese, as crónicas dunha persoa sen ningunha fonte detrás que as respalde, por moi vella e cega que sexa (non pretenderás infundirnos mágoa con eses burdos intentos para que quede o que escribiches, verdade?), non caben nunha enciclopedia, caberán nun blog ou nun libro. Vou escribir os pensamentos da miña avoa con alzheimer nun artigo, a ver que dí o Sr. Administrador. E unha enciclopedia por riba de agarimosa, ten que ser exacta, aínda que polo que vexo poda parecherche unha perogrullada; e de exactitude non vexo nada nesas liñas. Unha de dúas, ou na túa vida liches unha enciclopedia, ou e que estás ofuscado polo teu ego. Supoño, espero e desexo que non sexa o primeiro, así que sinto ferir o teu ego, pero os egos non teñen cabida nun proxecto das características e do tamaño da Galipedia. E por favor, non me compares sacar información para un artigo de libros recoñecidos polo mundillo da astronomía como calqueira de Stephen Hawking, por poñer un exemplo, con sacar información do que che conte o meu avó, que de astronomía non sabía ren.
Como vexo que non estas tí nos teus cabais, e que aínda por riba estas a ser maleducado e agresivo, solicito unha votación para a eliminación da sección en cuestión.--Fryant 22:38, 7 agosto 2007 (UTC)
Acábanme de dicir por MSN que o do Alzheimer pode sonar ofensivo. Dende aquí, todo o meu respecto para os enfermos de Alzheimer e para os seus familiares.--Fryant 22:43, 7 agosto 2007 (UTC)
Non entendo moito desta descusión pero todos podemos dar a nosa opinión do contido sen que a ninguén lle poida parecer mal para iso é unha enciclopedia de contido libre no que calquera pode participar, dito isto e despois de ler a sección coincido con Alex e Fryant en que non cumpre os requisitos para permanecer segundo as propias regras da Wikipedia, seguro que foron feitas coa mellor das intencións e con boa fe pero non son propias dunha enciclopeda.--André 22:49, 7 agosto 2007 (UTC)
  • Quen dixo que non aturaba as criticas?; xa se vé o respeto que tes a xente, principia por ti mesmo e deixate de creer que o que dis é o ombligo do mundo. Falas de cabais e. o que é peor, Alzheimer. Pero, en fin, eu teñoche a miña conciencia moi tranquila e no trocante as ofensividades a ninguén lle chamei nada en cuestión, se ti te consideras ofendido, é o teu problema. Por outras xa que falas de administrador tereiche que dicir que podes poñer todo canto queiras. Pero lembra a Galipedia, para a súa información elle coma a pizza (no que se lle engaden todos os dias cousas novas) e outro tanto pasa coa ensaladilla rusa. A Causa de xente coma tí que cree a pés xuntillas que esto, esto e mailo outro, no é de extrañar que has cousas non avancen no xeito que teñen que ser. Tamén decirte que un respeto a xente maior ou anciáns (arriba deixas moi claro que debes de ter problemas de entendementos cos da terceira idade). Por outra informate ven das cousas xa que no denotas antigüidade suficiente como para saberes ben do que estas a falar. Consello: segue no que estabas a facer (se é que o estabas) de deixa de poñer pegas aquí e acolá (temos máis exemplos noutras wiki's e non sei tí, pero eu non busco que esto sexa coma as demáis). Teña un bo dia. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:35, 7 agosto 2007 (UTC)
Respeto teño ó máximo, e á terceira idade máis, e por iso non aturo que se utilice ás persoas maiores como apoio para rebater unha crítica. O de que non aturas as críticas digoo eu, en base á agresividade que estas a mostar a unha simple frase coa que comeza esta discusión (mira xa como comezas, desprezando: "O que pasa é que non vos entendedes a vosoutros mesmos, por máis que se os explica seguides a ver a mosca diante do que realmente non é; e iso dende logo é moi triste. Moitos estudos, moita titulación e moito master pero as cronicas remacadas oralmente por unha persoa vella e cega."), tanto cara mín, tanto como para todo o que opina aquí, na miña páxina de discusión e aquí. Non sei a que viño iso de "mercedes". Ofensa ningunha, só ofende quen pode e non quen quere, e desoida que ti non podes. Falei de mala educación e de agresividade, e iso vai alén de simples insultos, que non puxeches ningún. Poñer pegas? Non, simplemente debatir por qué está alí iso, se puxera pegas eliminábaoo, non te preocupes. Xa van aquí dúas opinións que concordan co miña, e a pregunta de Lameiro que non sei en qué rematou. E non te preocupes nin pola consistencia das miñas argumentacións, que polo menos existen, ó contrario que nas túas intervencións que só se basean en atacar e atacar; nin porque crea a pés xuntillas nada (se o fixese non estaríamos con isto), nin porque esta ben informado, xa o estou o suficiente. Por outra parte, se non podo preguntar por qué estan certas cousas que evidentemente sobran, só porque fire o teu ego, apaga e vámonos. Consello: Relax, que isto e un hobby e aprende a recoñece-los erros, que estás a ter un aquí. Durma vostede ben, Sr. Administrador.
PD: Sigo a pedi-la votación.--Fryant 00:06, 8 agosto 2007 (UTC)
Por certo:
Eu: "Xa se ve que non aturas críticas, que es deses que ou sisisisisisi ou cala"
Ti: "Consello: segue no que estabas a facer (se é que o estabas) de deixa de poñer pegas aquí e acolá".
Tiña razón ou non?--Fryant 00:11, 8 agosto 2007 (UTC)
  • A verdadade es que me esta a caer gracioso o teu comentario, todo ai que dicilo. Agora demostras que estas máis a leer as cronicas e criticas dun xornal. E por enriba fala de poñer pegas, mellor dito, que eu as poño cando o que fago e transferir a esencia e a experiencia desta xente maior sobre do mundo que leva vivido, claro a ti eso soache valdeiro, que se che vai a facer; iso por desgraza xa non che está nas miñas mans (e non to apuntes coma un tanto o teu favor). Cando falaba enriba de "mercedes" non creo que llo teña que aclarar, iso se vostede coñece un pouco a linguaxe da época. No trocante o da "mosca diante", é o mesmo que se dí na biblia co do camelo e a agulla, neste caso a resposta era mutua os dous usuarios. Se tí o tomaches a tremenda "será que non terás bó, sintese". Agora se ai unha cousa na que non estou disposto a que se rían e que se o tema das cronicas e o resto son recopilación dunha persoa cega e vella, quen son éu para discrepar sobre delo, e máxime de habela coñecido e aprendido moito dela; pero non estou pola labor de que se utilice ise argumento pola túa parte coa intención de dar pena e mágoa, posto que nese caso ti si que das pena e mágoa. E coma non, xa que preguntas o final se tiñas razon ou non, dende logo que cha vou a dar, pero en palabras deste cego (para que logo fales) "Honra me ha causado hacerme oscuro a los ignorantes, que ésa es la distinción de los hombres doctos". Que durma ben que pola miña parte o tema xa o dou por cerrado.
  • Ahh para que non se esqueza se Lameiro non dixo máis nada, será porque terá unha mentalidade máis ampla da que polo de agora vostede esta a demostrar. Polo que considero con este usuario o tema xa está cerrado; será con vostede igual?. Teño ou non teño razón?. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:48, 8 agosto 2007 (UTC)

Boas noites a todos.

Para empezar, teño que dicir que son novata, o sei, así que non fai falla que ninguén visite o meu historial para averiguar canto tempo levo nisto, porque non me da vergoña ocultalo. E iso é porque a pesar do pouco tempo que levo a miña opinión é tan válida coma a de calquera outro usuario.

Cando entrei neste proxecto asumín e aceptei uns principios básicos comúns a tódalas wikipedias de tódolos idiomas: obxectividade, verificabilidade e que a wikipedia non é unha fonte primaria. ¿Vostede cre que unha lenda contada por unha persoa, sexa maior ou xove, cega ou manca, enferma de Alzheimer ou completamente sana, pode ser verificada? ¿Ou acaso pode dicir que é obxectiva?

Sepa vostede que lin bastantes veces o artigo obxecto desta discusión e todavía non atopo sentido ningún ó apartado de crónicas. Se vostede ten a vocación frustrada de poeta e cantautor, non ten que vir aquí a resumir as súas composicións, porque como xa dixen antes se supón que os artigos deben ser neutrais e obxectivos. E me parece moi nobre pola súa parte querer ensalzar a sabedoría popular e homenaxear as historias dunha velliña, pero creo que este non é o lugar, e menos se nin sequera se molesta en comentar cales foron as súas fontes.

Por favor, non trate de atacarme a mín tamén dicindo que o que me pasa a min é que non me entendo, ou que non teño respeto polos meus maiores. Saiba vostede que me coñezco e me comprendo moi ben, e que respeto moitísimo as persoas maiores. Por favor, non sexa vostede o que en vez de demostrar respeto nos ensina é un sentimento de patética lástima cara eles. Saiba vostede que non é un xusticieiro.

E xa para rematar, dicirlle que se quere desmarcarse de outras wikipedias e darlle o seu toque persoal o que debería facer é crear un proxecto propio, porque neste iso non encaixa. Porque debería darse conta vostede de que todas as opinións verquidas neste foro están a favor de User:Fryant, e por algo será. E que se quere dicir que o descalifiquei en algún momento, por favor, lea vostede tódalas perliñas que escribiu sobre el.

Por certo, moitos estudos, dou grazas por elo; títulos, aínda os xustos pero, espero acadalos.

Moitas grazas por escoitarme.--Rouge 00:56, 8 agosto 2007 (UTC)

    • Imos ir punto por punto:

1) #"o que fago e transfirir a esencia ea a experiencia desta xente maior sobre do mundo que leva vivido". A primeira na fronte: un dos pilares básicos e inalterábeis de tódalas Wikipedias: Wikipedia:Verificabilidade. Como verificas iso? A segunda na fronte tamén: a páxina non está creada, pero Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria. É dicir, tí, un Administrador que se supón que ten que dar exemplo ós demáis, estas a esnaquizar dous dos tres pilares básicos do prexecto co que engadiches ó artigo. Estou totalmente seguro que se iso o escribira un anónimo, estaría xa máis que borrado.

2) #"Cando falaba ariba de "mercedes" non creo que llo teña que aclarar, iso se vostede coñece un pouco a linguaxe da época.". Sei perfectamente que significa. O que non comprendo é o tono irónico e de desprezo que estás a manter durante toda a discusió e que se atopa maximizado nesa verba.

3) #"é o mesmo que se dí na biblia co do camelo e a agulla, neste caso a resposta era mutua os dous usuarios. Se tí o tomaches a tremenda "será que non terás bó, sintese"." e verás perfectamente normal comezar unha discusión dicindolle a dous usuarios que somos pechados de mente e que moito tituliño e moita leria para non mostrar aprezo pola xente maior. É dicir, touciño e velocidade, unha vez máis remexidos na ola.

4) #"Agora se ai unha cousa na que non estou disposto a que se rían e que se o tema das cronicas e o resto son recopilación dunha persoa cega e vella". Aprende a ler, en ningún momento rín desa persoa. só dixen que non valían os seus relatos para unha enciclopedia. E o da persona cega e vella sacáchelo tí, non eu.

5) #"pero non estou pola labor de que se utilice ise argumento pola túa parte coa intención de dar pena e mágoa". Pola miña parte? Repito, o primeiro que falou diso non fun eu, fuches tí. E isas palabras sóanme, será porque as escribin eu máis arriba? Mmm... Se non fóra porque na Galipedia todo está baixo GPL falaría de copyvio.

6) #"Honra me ha causado hacerme oscuro a los ignorantes, que ésa es la distinción de los hombres doctos" Boa cita, xa sabemos que ti a meterías en Galicitas, pero que saibas que non se pode, por se non che quedara claro. Por outro lado, xa estás a caer no insulto directo ó chamarme implícita e non tan implícitamente ignorante, e non vou a caer nese xogo de descalificacións, eso deixoo para xente sen educación coma tí.

7) #" Polo que considero con este usuario o tema xa está cerrado; será con vostede igual?. Teño ou non teño razón?. " Xa che digo que non sei como quedou o tema. Pero non, comigo o tema non está pechado até que se faga votación sobre esa sección en concreto te poñas como te poñas, e engado agora que pidas desculpas polo teu comportamento.

    • Un saudiño, campión.--Fryant 01:14, 8 agosto 2007 (UTC)
  • Permitinme a licenza de enumerarte unhos puntos: na resposta dos seguinte tamen che contesto:

1) Ti que fas, mezclas e non transfires, artigo do castelán, artigo do inglés, un libriño, unha enciclopedia. Se Nos radicamos no © é mellor que nos metamos as maos no peto.

2) Teu problema, lee máis literatura, virache ben.

3) A Iso tamén se refire outro dito, tamen todamo da biblia, coa vara que midas, seras medido.

4) Vai o seguinte artigo 29 de febreiro e lees o que ali esta exposto, contrastao coa natureza e logo contaras (o mesmo para a usuaria --Rouge xa que pensa que son un escritor frustado. Ahí é donde se denota cal é a xente que escoita o vello e quen non.

5) "por moi vella e cega que sexa (non pretenderás infundirnos mágoa con eses burdos intentos para que quede o que escribiches, verdade?)", . Non lembro habelo escrito eu, polo.....

6) Resposta, Tamén da mesma persoa finada: "Chufas e peidos non costan diñeiros", agrege para o seu libriño de bo mestre.

7) Non estou a pedir nengunha desculpa, non poñas palabras tuas en boca miña ou de ninguen. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 01:36, 8 agosto 2007 (UTC)


    • Definitivamente, aprende a ler, e que non che cegue o enfado.

1)Estasme a amosa-lo teu coñecemento da Wikipedia cando eu te falo de que estás a incumprir dous dos tres pilares básicos de Jimmy Wales (saberás quen é sen miralo en Google ou na Wikiepdia?) e da Wikipedia e ti me falas de copyright e mil historias máis. Xa se ve que non tes nin idea de por onde sair, e dame unha moi boa idea da túa labor como Administrador. -> Aprende a ler. 2)A ti che virá ben aprender compresión lectora, faiche moita falla, porque o que estou a dicir é que non comprendo a túa agresividade. -> Aprende a ler. 3)Aquí quen empezou fuches tí, non eu, lembrao. A miña primeira intervención é dunha liña e non tento dar paos constantes a ninguen coma tí. -> Aprende a ler. 4)Non vira o 29 de febreiro, pero tamén sobra. E que terá que ver outro artigo con que estou a rir dos maiores? Repitoche, escoitar a un ancián e mete las súas historias nunha enciclopedia son cousas diferentes. -> Aprende a ler. 5)Non iso escribino eu, ti escribiches que era eu o que estaba a tentar dar pena con ese argumento: se utilice ise argumento pola túa parte coa intención de dar pena e mágoa -> Aprende a ler e a escribir. 6)Respota de neno pequeno a túa, semella un caca culo pedo pis en toda regra. 7)Xa sei que non estás a pedir desculpas, descoida que non dixen iso. Estou a pedir que mas pidas ti, non que o fixeras. -> Aprende a ler.

Como ves, en 6 dos sete puntos que escribin, non comprendiches do que estaba a falar. Xa cho dixen ante: cálmate, que os egos non son bos para o proxecto.--Fryant 01:57, 8 agosto 2007 (UTC)

Unha cousiña, vostede non me coñece e non pode dicir que eu non escoito ós vellos, porque o tomo coma unha ofensa persoal. A meirande parte dos días teño que enfrentarme a anciáns enfermos, persoas maiores con doenzas que só buscan alguén que os escoite, e teña vostede claro que eu sempre procurei ter cinco minutos ó día para conversar con eles. Mais iso non é motivo para que inclúa as súas historias nunha enciclopedia coma esta.

Vostede di que eu o que fago é mezclas e non transfires, artigo do castelán, artigo do inglés, un libriño, unha enciclopedia. Pois é certo en parte, por suposto, porque o saber está nos libros e nas enciclopedias. Dos artigos en inglés e castelán, aínda non collín nada máis ca un cadriño que non sei facer por mín mesma (recórdolle que son novata). Pero saiba vostede que gran parte do meu artigo procede das ensinanzas dos meus profesores (posteriormente corroboradas, por supostos), dos libros de texto da miña carreira e de gran número de páxinas web que estou a consultar.

Tome vostede exemplo do que é atender a unha persoa maior: acostumo a escoitar as longas historias da miña avóa sobre as súas múltiples enfermidades, pero xamáis poréi nun artigo dunha enciclopedia a súa definición de "pirañas" (o mellor si que falo de "migrañas", que é o nome co que se recoñece nos libros).

Pola miña parte, nada máis que dicir, posto que o resto xa o aclarou brillantemente User:Fryant e tampouco e cuestión aquí de ser redundante...

Cordialmente, --Rouge 02:06, 8 agosto 2007 (UTC)

  • Poño os punto por orde, e asi poderá comprobar a usuaria--Rouge que so me refiro a ela nun deles, o resto era (incluido o mesmo punto para o usuario--Fryant. Que lles quede claro haber se se deixan facer un lío --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 02:21, 8 agosto 2007 (UTC)

  • Pregraselle a todos vostedes que den por finalizado este tipo de desputas que, namentres unha comisión non indague de que forma veu a causa, tan só estan a conducir a nengures. Asimesmo tamen se lles prega que fagan as paces entre vostedes independetemente a como conste o venedicto. --Moderador 02:45, 8 agosto 2007 (UTC)

Penso que todo isto desmadrouse un pouco. Creo que ambas partes comezaron mal, xa que pola parte de Fryart e Alex comezaron falando de que esa parte non era de contido enciclopédico sen dar ningún tipo de base de razoamento (o que se pode entender como algo ofensivo para quen realizou o traballo), e a resposta de Xelo2004 tampouco foi moi comedida. Eu, ao contrario da maioria son partidario de manter esta sección xa que no meu parecer entronca directamente cos almanaques dos labregos tan difundidos noutros tempos polas nosas terras. Ao mellor sería necesario facer algunha modificación, pero a sección no 1 de xaneiro semella que ten unha finalidade introdutoria do que vai ser ese apartado común para tódolos días polo que non me parece o mellor exemplo.

En definitiva pode que eu persoalmente preferise outro formato pero creo interesante un apartado como este, quizais con outro nome, e con mais contidos (como os ciclos lunares, festas, traballos que se fan nesas datas, lendas...) xa que en definitiva tratase dun material propio da etnografía que é unha ciencia como outra calquera e que por ese motivo debe ter cabida nunha enciclopedia, ou acaso pásasenos pola mente eliminar toda referencia as lendas dos mouros, cando sabemos que os restos de onde proceden son máis antigos, non recóllense e estudanse... Todo isto é só unha opinión sen ánimo de entrar na polémica senón de apaciguala, pero resumindo creo que a tradición ben tratada debe ter o seu sitio na Galipedia. Un cordial saúdo a todos. Lansbricae (Ti dirás) 08:17, 8 agosto 2007 (UTC)

  • Grazas Lansbricae pola túa opinión. e máxime por mencionar algo que si ven é certo pasouse polo alto a etnografía, pero naqueles momentos ata teño dúbidas de a debandita palabra e mailo seu significado fosen entendidos (en non o digoo por min xa que ese apartado esta en varios concellos nos que puxen a man). Eu o que máis sintoo e non me da vergoña dicilo en que antes de mediar Moderador se me tratase coma unha persoa polo mero feito de tentar transmitir oralmente (por desgraza non ai libros que o poidan avalar xa que o devandito home finou ai unhos anos analfabeto con 98 anos, pero curiosamente san. Sei que hai persoas que teñen a desgraza de que teñan unha enfermidade (cal sexa) gusten de ser escoitadas, pero non todo o mundo adica ter a mesma paciencia de sempre. No caso arriba falado só dixen que era unha persoa maior, seu único defecto: ser cego (e de aquí debeuse pensar o libro de Lazarillo de Tormes) e logo aparece o que apareceu. Iso demostra para min que a xente, cando está o tema caldeado din moitas veces o que creen que pode ser certo, desgraciadamente nos casos sempre ai excepcións. E remato dende aquí contestanto algo que me doeu moi profundo do meu ser (vou homitir nomes posto que semella haber un complot -nisas cousas non entro- eso si, se teño que aplicar as regras a moitas cousas que se comentaron arriba, dende logo abofé que non sería eu o único culpable). Pero lembro a alguén que mencionou a palabra medicina e, que o meu ver todavía non fixo o xuramento hipocrático, pero en si recoñece que ten profesores que ensiñan e libros que posteriormente o corroboran; non sei se sabe que cada certo tempo estanse a facer convencións para presentar os novos avances sobre algunhas enfermidades, medicinas e demáis, os libros, por desgraza non incluen esa información ate pasar un certo tempo, polo que todo o que leemos non sempre se pode contrastar co presente. Así que por favor, no me fale a min de ser un escritor (cantautor ou poeta) frustado posto que moitos de de "bata branca" soen ter problemas para entender os tecnicismos que se din un os outros (logo se algo pasa, ninguén se querer facer responsabel). Eu sego a facerme responsable do artigo, pero non só desa parte, senon de todo o artigo en xeral (teñen o historial, para comprobalo). De pedír o que se está a pedir, entón queda soicitado pola miña parte o borrado de todolos artigos feitos pola miña man (de enriba a baixo, independetentemente do que conteñan, pois eso tamén rompen os piares basicos postos por Jimmy Wales (que curiosamente falaba cunha visión máis ampla do que ate de agora se desmostrou).

Invito, dende aquí os usuarios Fryart, Alex, André e a usuaria Rouge a facelas paces, se o desexan, claro está. Un saúdo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 09:49, 8 agosto 2007 (UTC)

Só unha cousa que puntualizar: estou ó tanto de que prácticamente cada día a medicina avanza sobremaneira, e que os libros, sobre todo as edicións en castelán, levan normalmente un par de anos de retraso. Tamén teño que dicir que todos eses descubrimentos, aínda que non aparezan nos libros, poden ser consultados en moitas páxinas web que recollen os últimos artigos e as últimas investigacións. Aínda que eu saiba, a vida e obra dun científico xa morto non acostuma a aparecer coma unha novidade que non apareza nos libros que se poden atopar en calquera biblioteca.

Por outra banda, teña vostede moi claro que se escribín o que escribín, e do modo no que o fixen, é porque pareceume que vostede estaba a faltar ó respeto ós usuarios que verquiron a súa opinión sen insultar a ninguén. Porque dicir que unha das seccións do seu artigo non é un insulto.

Teña claro que estou disposta a rectificar calquera cousa que o poidera ofender, porque aquí non estamos para poñer a caldo ós demáis, senón para enriquecer un proxecto entre todos. E non crea que estou totalmente en desacordo con esa sección, senón que non me parece a forma máis correcta de tratar de comunicar aquí as lendas populares, nin me parece que sexa o mellor contido para unha sección desas características.

Só par de dúbidas. ¿Por que lle da vostede as grazas a Lansbricae (Ti dirás) cando critica o contido da súa sección, mentres que ós demáis nos trata de irrespetuosos e prácticamente ignorantes? ¿Onde veu vostede a terrible ofensa que lle fixo User:Fryant ó falar do seu artigo?

Saiba vostede que estou disposta a arranxar este tema pacíficamente, pero non sen antes aclarar as cousas. Un saúdo, --Rouge 12:46, 8 agosto 2007 (UTC)

  • Teña vostede a bontade de leer de novo e acougadamente o que puxo Lansbricae e o que resposteu eu, por outras sego sen entender a tropelía que se fixo onte cando a vostede só me refería no punto (4) anteriormente determinado e o cal o señor User:Fryant tampouco deus señáis de amosar máis respeto nada máis que nun principio. Lembrolle tamén que se falo do apartado de etnografia (tampouco e como estaba a discusión naqueles momento ían vostedes a atender máis explicacións e acabarían tachando a devandita palabra como outro argumento sen sentido). Volte vostede o seu texto que empurrou antes desde derradeiro e compare cos 7 puntos da miña resposta a User:Fryant e pronto verá que tamén se excedeu o seu. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 13:16, 8 agosto 2007 (UTC)
    • Pola miña parte, non vou engadir nada máis tal e como suxeriu User:Moderador, douno todo por dito. Non teño ningún problema en face-las paces, pero evidentemente sen unha desculpa non estou disposto a elo. --Fryant 15:38, 8 agosto 2007 (UTC)

Eu o que sigo sen entender é que ten de ofensiva a frase Non entendo que fai esa sección alí, na miña opinión débese eliminar ou o feito de dicir que o contido do seu artigo non é enciclopédico, que ten para que nunha arroutada de loucura teña vostede que contestar con frases do tipo non vos entendedes a vosoutros mesmos ou moitos estudos, moita titulación e moito master.

Se vostede é tan respetouso coa xente maior e gosta tanto de escoitala, por favor, intente tamén escoitar e comprender á xente xove en vez de desprezar a súa opinión e a eles mesmos.

Cando vostede, ou eu, cambiemos de opinión, poderemos facer as paces. Mentres é un imposíbel. --Rouge 15:45, 8 agosto 2007 (UTC)

  • Pola miña admito que en certo momento puiden estar brusco, por ilo van a miñas desculpas, pero Fryant coido que tamén terás que admitir que tampouco andiveches moi lixeiro que se diga. Paces?. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:18, 8 agosto 2007 (UTC)
  • Con respeito a Rouge rapaza, eu antes de ser coma son, tamén fun coma ti, pero co tempo aprendes a adactarte as cousas. Só con iste dito, se o comprendes en ti mesma, entón comprenderás certas cousas que dixen e, que no seu momento espero sexa fruto para a súa experiencia do día de mañá. O dito é o seguinte: "no sé que soy, ni de donde vengo, ni para donde voy"; se comprendes a magnitude do dito, poderás ver a finalidade das cousas que están no apartado, deixemo-lo "etnográfico". Tanto a vostede como os usuarios Alex, André. Paces?. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:18, 8 agosto 2007 (UTC)
  • Desculpas aceptadas, e si, andiven brusco, é a miña defensa natural cando me sinto atacado. Poi iso tamén pido desculpas. Pero a miña opinión sobre a sección non a retiro, só mudo as verbas para facela máis "amigábel".--Fryant 17:55, 9 agosto 2007 (UTC)
  • Hai que eliminar o que non teña contido enciclopédico e ou a súa redacción non estea en consonacia coas normas, iso non ten discusión a non ser que se modifiquen as normas da Wikipedia.--Miñato 22:13, 30 agosto 2007 (UTC)