Saltar ao contido

Convento da Nosa Señora da Purificación de Vilavella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Convento de Vilavella»)
Convento da Nosa Señora da Purificación de Vilavella
Redondela Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Diocese
 Dedicado a
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 47395
Wikidata C:Commons

O convento da Nosa Señora da Purificación de Vilavella é unha construción relixiosa do século XVI situada na vila de Redondela. Ademais do propio convento ten a igrexa anexa e un cruceiro. Sitúanse na entrada sur do casco urbano da cidade, a carón da N-550 procedente do Porriño.

O convento comezouse a construír no ano 1501 sobre a antiga igrexa parroquial de Santiago de Vilavella. Rematouse en 1554, da man do arcipreste de Cerbeira e, anteriormente, párroco de Vilavella, García Prego de Montaos. No ano 1864 a igrexa sufriu un incendio no que se perdeu a parte do coro onde se atopaba o órgano.

A fonte de ingresos do convento residía no cobro dos foros polo arrendamento de terreos aos campesiños da vila. Malia todo, os pagamentos adoitábanse facer en millo, patacas, galiñas ou viño, en troques de cartos. Outra forma de obter ingresos foi a repostería, sendo aínda hoxe célebres na vila os cabelos de anxo, toronxa ou noces. En 1603 o concello de Pontevedra encargou á superiora Inés Avalle Mariño uns doces para agasallar ao arcebispo de Santiago Maximiliano de Austria, de visita nesa cidade. En 1867 representaron a España cos seus doces na Exposición Universal de París[1].

A orde de relixiosas Xustinianas abandonou o convento no ano 1931, e cinco anos máis tarde, en 1936, acordouse ceder o conxunto arquitectónico ao Estado. Porén, xamais chegou a producirse o traspaso por mor do inicio da guerra civil española. En 1942 mercouno o industrial conserveiro José Otero González, invertendo nel moito diñeiro co propósito de que pasase novamente á Orde Xustiniana, da que era agregado espiritual, para que establecese un colexio para Redondela.

Até o ano 2003 o convento permaneceu baleiro. Foi nese ano cando comezou a funcionar como restaurante e salón de vodas.

  1. "As confituras do convento na Exposición Universal de París". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]