Contorna Persoal de Aprendizaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Contorna Persoal de Aprendizaxe ten a súa orixe na expresión anglosaxoa Personal Learning Environment (PLE) que é un sistema de organización e xestión das diferentes ferramentas que nos axudan no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Tamén se refire a unha nova forma de aprender na rede.

O PLE das persoas está integrado polas súas experiencias básicas que configuran o seu aprendizaxe na educación formal e polas novas experiencias ás que se achegan a través das ferramentas tecnolóxicas actuais. Xorde da necesidade de cada individuo de estar actualizada xa que é o propio usuario quen elixe os seus obxectivos, competencias, contidos, fontes, etc.

Representa unha forma ideal para o desenvolvemento persoal ou profesional utilizando tódolos recursos tecnolóxicos e fomentando así o coñecemento global e a aprendizaxe[1].

Seguindo a definición de Linda Castañeda e Jordi Adell, o PLE "é o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza acotío para aprender". "O movemento PLE non se basea nun só artefacto ou unha cousa ou un enfoque pedagóxico simple, senón que representa diversas formas e perspectivas sobre como podemos cambiar o proceso e a forma da educación e, en particular, como podemos facilitar a aprendizaxe en contextos múltiples. Como tal, o obxectivo dos PLE é interactuar con moitas experiencias, proxectos e iniciativas diferentes sobre o uso de tecnoloxía para ensinar e aprender."

O PLE  ademais dun sistema é un mecanismo de intervención psicolóxica e social que dende unha perspectiva de análise teórica da tecnoloxía e a estrutura social se entende como un 'desenvolvemento lóxico’. Tamén se pode entender como PLE unha aplicación ou conxunto de aplicación utilizadas por un aprendiz para organizar o seu propio proceso de aprendizaxe.

Achegas[editar | editar a fonte]

O PLE aporta a posibilidade de crear a PLN (Personal Learning Network), isto é, a nosa rede persoal de aprendizaxe. PLN forma parte da contorna persoal de aprendizaxe e fai referencia á comunicación coas persoas por isto, pódese empregar ferramentas asincrónicas e sincrónicas.

As ferramentas asincrónicas son: o correo electrónico, comentarios nos blogs e nas redes sociais. Pola contra, entre as ferramentas sincrónicas están: os chats, as ferramentas de telefonía IP como Skype;e os encontros profesionais como os eventos ou as conferencias. Grazas a estes artefactos, tense a opotunidade de crear unha rede de contactos que dea información adecuada para axudar a construción do coñecemento das persoas. Desta maneira, o PLE en xeral, e a PLN en concreto, amplían as fontes de información manexadas.

Finalmente, Adell explica  que “un PLE non é simplemente acceder a información, ler o que outro fai, recibir información. Nun PLE espérase, especialmente en todos estes espazos nos que hai intercambio, que se participe activamente. É dicir, non só que sexas consumidor, senón tamén un produtor de información. É posible que de un tema determinado no que te estás a formar non saibas moito e non podas axudar moito; pero, sen dúbida, colateralmente, xurdirán ou xorden outros temas onde si que se pode axudar.” (J. Adell, 2010)

Perspectivas[editar | editar a fonte]

Seguindo a Cabero e Marín (2001), os PLE pódense clasificar principalmente en dúas orientacións: as de carácter pedagóxico e educativo e as de tecnolóxico e instrumental.

Perspectiva pedagóxica[editar | editar a fonte]

O PLE concíbese "como un cambio na metodoloxía educativa que promove o autoaprendizaxe por medio da utilización de recursos web, formando un sistema centrado na figura do estudante". Este utiliza diversas ferramentas en función das súas necesidades de aprendizaxe e coñecemento.

Perspectiva tecnolóxica[editar | editar a fonte]

Os PLE enténdense como "a posibilidade de facer uso dun conxunto de ferramentas xeralmente gratuítas, uns recursos e unhas fontes de información, e de establecer contacto cun conxunto de persoas para aprender e desenvolverse profesionalmente". Ditas ferramentas permitirán organizar, recompilar, procesar e compartir todo tipo de información, dentro dun contorno tecnolóxico, onde o PLE é un sistema estruturado e funcional centrado no usuario/a.

Características[editar | editar a fonte]

Tomando como referente a Adell, o PLE compónse de tres cuestións específicas[2];

  1. Cada alumno fixa os seus propios obxectivos de aprendizaxe, é dicir ten un carácter persoal.
  2. Non hai avaliadores, nin títulos; non existe unha estrutura formal, é dicir, unha persoa pode elaborar articulos e documentos dixitais persoais e publicalo na internet, aínda que non teña coñecementos informáticos,  permitíndolle converterse en coautor do ciberespazo.
  3. Aproveitamento da posibilidade que nos ofrece Internet de dispoñer dun conxunto de ferramentas e recursos gratuítos para compartir e aprender a través deles.
  4. A superficie de contacto que presentan, está adaptada a focalizar os contidos acorde ao interese de quen navegue polos documentos
  5. É fácil e rápido poder expresar opinións e comentarios en documentos e artigos dixitais doutras persoas.

Tarefas básicas[editar | editar a fonte]

As seis tarefas básicas son:

  • Buscar e filtrar a información de interese.
  • Organizar os contidos.
  • Comunicarse cos demais.
  • Crear novos contidos.
  • Publicalos para compartilos coa comunidade.
  • Colaborar con outros en tarefas de produción colectiva.[3]

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Seguindo a Adell e Castañeda o PLE está conformado por[4]:

Ferramentas e estratexias de lectura.[editar | editar a fonte]

Trátase das fontes documentais de información ás que se poden acceder para conseguir datos. É a multipedia, composta po

  • Ferramentas: wikis, blogs, canais de vídeo, Rss etc.
  • Mecanismos: iniciativa, curiosidade, busca etc.
  • Actividades: conferencias, lectura, visionado de reportaxes etc.

Ferramentas e estratexias de reflexión:[editar | editar a fonte]

Contornas virtuais e non virtuais nos que podo comentar, escribir, analizar a información que posúo. Son:

  • Ferramentas: blogs, cadernos de notas, páxinas webs, canais de vídeo, etc.
  • Mecanismos: organización, síntese, estruturación da información, etc.
  • Actividades: crear mapas conceptuais, vídeos, cadernos de traballo, etc.

Ferramentas e estratexias de relación:[editar | editar a fonte]

Espazos nos que me relaciono con outras persoas para aprender de elas e con elas. Trátase da PLN ou Rede Persoal de Aprendizaxe. Pódense intercambiar contactos e datos de dúas maneiras: directa, cando a comunicación entre as persoas é cara a cara ou a través das redes sociais; e indirecta, a comunicación é a través de obxectos dixitais que construímos pouco a pouco coas nosas publicacións, tendo como exemplo Youtube ou Slideshare Cando compartimos a información neste PLN facémolo a través de:

  • Ferramentas: Facebook, Twitter ou outras redes sociais.
  • Mecanismos: capacidade de diálogo, toma de decisións etc.

Primeiros pasos para a creación dun PLE[editar | editar a fonte]

Os primeiros pasos para crear un PLE, segundo Jordi Adell (2011) son os seguintes: 

  • 1. Crea unha conta Twitter e seguir a persoas interesantes. Compartir ideas e descubrimentos con eles.
  • 2. Subscribirse vía RSS a blogs ou outras fontes de información (revistas científicas), por exemplo: Google reader.
  • 3. Comezar a escribir as túas ideas e proxectos no teu propio blog en WordPress o Blogger.
  • 4. Etiquetar e compartir os teus favoritos en Delicious ou Diigo.
  • 5. Participar nalgunhas  redes sociais interesantes.
  • 6. Agregar tu lifestreaming e compartilo. Subscribirse ao de outras persoas en friendfeed.com 

Dimensión Organizacional: O PLE na escola[editar | editar a fonte]

O PLE non está directamente ligado co ensino, se non que busca principalmente a coordinación alumno - tecnoloxía, por medio da creación de canles de coordinación entre a tecnoloxía e o alumno, non a institución, facendo fincapé de novo na idea de que no PLE é o propio alumno o responsable do seu proceso de aprendizaxe, en canto á coordinación dos medios tecnolóxicos ao seu alcance para o desenvolvemento de tal proceso de aprendizaxe. .[5]

Podemos determinar dous usos que se poden dar na escola:

  • Un uso orientado ó profesorado, onde o PLE se pode converter nunha ferramenta moi útil e interesante para que os docentes poidan deseñar o seu propio PLE e dar resposta a unha formación permanente e adecuada ás necesidades de cada usuario. Tamén se pode fomentar con estas contornas de aprendizaxe o traballo cooperativo entre os mestres, e conseguir unha maior comunicación, compartindo as súas aprendizaxes.
  • Uso orientado ó alumnado. Se o conxunto do alumando se prepara dende a escola para traballar nestes espazos, adquirirán as competencias necesarias para que o seu proceso de aprendizaxe sexa permanente na súa vida futura. Producirase así unha evolución onde o profesorado guiará inicialmente ós discentes, para que finalmente sexa o propio alumnado quen tome as decisións e adquira maior autonomía na súa aprendizaxe.
  • Partindo da base de que todas as organizacións que xestionan dunha forma ou doutra o coñecemento, deberían de ter un PLE. A escola é entendida como un centro educativo, lugar por onde circulan coñecementos e persoas.

Polo tanto podemos dicir que a escola é un lugar de aprendizaxe pero tamén onde se aprende. O PLE do centro sería o conxunto de procesos e ferramentas que axudan a xestionar información e a vincular persoas para a súa aprendizaxe e tamén para a doutros.[6]

“Outro elemento a ter en conta é o PLE da aula, vinculado ós alumnos e ó profesor. Isto tamén significa que o centro educativo ten identidade dixital, e é onde se xera e xestiona a contorna de aprendizaxe”. (Carlos Magro. 2014).

O PLE polo tanto, ten unha dimensión organizacional que interrelaciona a tecnoloxía e a pedagoxía, invitando a unha innovación tecnolóxica con profundas implicacións pedagóxicas e organizativas.

Criterios de decisión no deseño dun PLE escolar[editar | editar a fonte]

Á hora de deseñar un PLE, deben terse en conta os seguintes aspectos:

  • Debe de estar orientado ao currículo e centrado no ámbito escolar.
  • Fontes de información: Necesidade de contar cun catálogo de sitios web a consultar, orientado a centrar a busca e evitar distraccións.
  • Selección de ferramentas: Aplicacións e Programas instalados en liña, mediante os cales se consolidará a rede de aprendizaxe do alumno; Esta rede de aprendizaxe variará en función do alumnado.
  • Evolución: O deseño e posta en marcha dun  PLE  implica un proceso de evolución e desenvolvemento continuo, polo que variarán aspectos tales como as fontes, as aplicacións, etc.
  • Aprendizaxe formal: Alternancia ou combinación de diferentes tipos de aprendizaxes (Formais, informais...).
  • Optatividade; Buscando incrementar a autonomía e fomentar a capacidade de toma de decisións do alumnado, con relación a un proceso de aprendizaxe abordada dende unha visión colectivista.
  • Conectividade: Con relación á creación de contidos, así como a súa publicación para compartir tales contidos con outros individuos, coa comunidade
  • Colaboración: Fomento da aprendizaxe cooperativa; Unha aprendizaxe de carácter global e social.
  • Social: Énfase na dimensión social que leva consigo a aprendizaxe en rede fronte á esfera individualista dos procesos de aprendizaxe; Fomento da interactividade e a aprendizaxe colectiva.
  • Valores: Con relación ao código ético que ha de marcar a realidade da aprendizaxe en rede.
  • Seguridade: Con relación á satisfacción dos principios éticos e legais na rede.[3]

Fortalezas e debilidades[editar | editar a fonte]

Martínez Gimeno[7], dentro da revista Edmetic, publica o seguinte cadro no que se mostran as fortalezas e debilidades que teñen as contornas persoais de aprendizaxe:

Fortalezas Debilidades
Case ilimitada variedade e a funcionalidade das ferramentas personalizada, adaptable a múltiples configuracións e variacións Complexo e difícil de crear para estudantes sen experiencia e membros da facultade
Barato, a miúdo composto de ferramentas de código libre e aberto Posibles problemas de seguridade e exposición de datos
Non hai límites de tempo artificiais Limitado control institucional sobre os datos
Abertos á interacción, o intercambio e a conexión sen ter en conta o rexistro oficial nos programas ou cursos particulares ou institucionais Ausencia de servizo ou inaplicable nivel de acordos, sen capacidade para prever ou resolver problemas de aplicación web de rendemento, cortes ou incluso a desaparición
Centrado no estudante Carece de xestión centralizada
Contido de aprendizaxe e as conversacións compílanse a través de redes simples Difícil e potencialmente custoso para prestar apoio a varias ferramentas e a súa integración cos sistemas entre si e coas institucións

A importancia dos PLE na actualidade[editar | editar a fonte]

Como expoñen Adell e Castañeda na súa obra Entornos Personales de Aprendizaje: claves para el ecosistema educativo en Red na actualidade o PLE cobra unha gran importancia no mundo da educación.

Como se explica anteriormente, o concepto PLE existe dende o principio dos tempos, dende sempre, pero en períodos pasados onde as novas tecnoloxías non estaban ao alcance de todos era moito máis complexo contar con un Contorno Persoal de Aprendizaxe rico e frondoso, caracterizado por numerosas fontes de información. Pode atoparse unha explicación no feito de que era imposible (económica e materialmente) acceder e dispoñer de centos de libros ademais de que o coñecemento estaba centralizado (por parte institucións educativas de carácter formal) e era practicamente inamovible.

Non obstante, agora, grazas aos mundos virtuais e as redes cun solo clic e en cuestión de minutos podemos descargar grandes cantidades de información e coñecementos que nos permiten estar constantemente actualizados en tantas materias coma esteamos interesados. Isto é debido a que vivimos na era dixital, no mundo das novas tecnoloxías, do coñecemento aberto, onde calquera pode ser creador e distribuidor de información, nun mundo no que os descubrimentos e investigacións son continuas e incesantes, e, en definitiva un mundo no que dispoñemos de millares de fontes e recursos para poder formarnos autonomamente. Do mesmo xeito, outro punto a ter en conta é que ademais de formarnos podemos compartir os nosos coñecementos e axudar a ampliar os PLEs de moitas outras persoas ao mesmo tempo que podemos reflexionar sobre diferentes temáticas en comunidade, todo elo vía online.

O que nos permiten todos estes avances é formarnos mediante un aprendizaxe formal combinándoo con un de carácter informal, accesible para todos, e posibilitándonos un aprendizaxe ao longo de toda a vida.

Debido a que os tempos nos que vivimos avanzan constante e incesantemente faise imposible renovarse se non facemos uso dun PLE, buscando, atopando, refacendo, adaptando e aplicando tódolos datos e fórmulas que descubrimos grazas a estas ferramentas tecnolóxicas, xa que un PLE é "aprender a aprender na era dixital".[8]

Internet como contorna da aprendizaxe.[editar | editar a fonte]

Hoxe en día, internet é a maior fonte de información e é unha das contornas máis importantes de aprendizaxe sobre moitos temas. Isto é así porque intenert conté moita información e tamén porque conecta a unhas persoas con outras. Grazas ás interaccións por estes novos medios, os límites da educación xa non están só no ámbito formal, senón que van máis aló.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entorno Personal de Aprendizaje". 
  2. "Características PLE". 
  3. 3,0 3,1 CanalTIC.com. "PLE en la escuela". 
  4. Entrevista a Jordi Adell realizada por Josi Sierra para el proyecto de "El blog CC-Conocity", en el año 2011. Recuperado o 14/04/2015 de http://conocity.eu/jordi-mapleando/
  5. Fonseca Saradi, María Cecilia (2013). Universidad Metropolitana, Caracas, Venezuela, ed. Los entornos Personales De Aprendizaje. Visiones y Retos para la Formación. ISBN 978-980-247-217-8. 
  6. carlosmagro (2014-06-06). "¿Tiene sentido hablar del PLE de una organización?". co.labora.red. Consultado o 2016-04-28. 
  7. Martínez Gimeno, A. Los entornos personales de aprendizaje (PLE). Del cómo enseñar al cómo aprender. Edmetic, Revista de Educación Mediática y TIC; vol 2, nº1, 2013; páxinas: 41-62. Recuperado o 14/04/2015 de http://www.edmetic.es/Documentos/Vol2Num1-2013/Edmetic-Vol2-Num1-2013-Monogr%C3%A1fico-Losentornospersonalesdeaprendizaje.pdf
  8. Aula Virtual. Un nuevo espacio para el aprendizaje. "¿Qué son los Entornos Personales de Aprendizaje?".