Construtivismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Co nome de construtivismo denomínanse distintas correntes xurdidas na arte, a filosofía, a psicoloxía, a pedagoxía e as ciencias sociais en xeral:

  • En arte denomínase construtivismo a un movemento artístico de orixe rusa.
  • En filosofía da ciencia (epistemoloxía) denomínase construtivismo a unha corrente de pensamento xurdida a mediados do século XX, da man de investigadores de disciplinas moi diversas (psiquiatras, físicos, matemáticos, biólogos etc.). Para o pensamento construtivista, a realidade é unha construción ata certo punto "inventada" por quen a observa.
  • En pedagoxía o construtivismo é unha corrente da didáctica que para os seus postulados didácticos supón unha teoría do coñecemento construtivista.
  • En matemáticas o construtivismo é unha filosofía que afirma que é necesario atopar (ou "construír") un obxecto matemático para poder probar a súa existencia.

A súa denominación procede dun crítico que a utilizou en 1913 para referirse a uns relevos de Vladimir Tatlin, pero como movemento non xurdiu ata 1920, apoiado polo Manifesto realista dos irmáns Pevsner e Gabo.