Saltar ao contido

Constelacións chinesas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reprodución da carta celeste de Suzhou (século XIII)

A astronomía chinesa tradicional ten un sistema que divide a esfera celeste en asterismos ou constelacións, coñecidas como "oficiais" (en chinés: xīng guān).[1] En xeral, os asterismos chineses son máis pequenos que as constelacións de tradición helenística.

O planisferio de Suzhou da dinastía Song (século XIII) mostra un total de 283 asterismos, e comprende un total de 1565 estrelas.[2] Os asterismos divídense en catro grupos, vinte e oito casas (en chinés: 二十八, Èrshíbā Xiù) ao longo da eclíptica, e Tres Recintos no hemisferio setentrional. O ceo meridional engadiuse como un quinto grupo na posterior dinastía Ming baseado nas cartas celestes europeas e contén 23 asterismos máis.

Os tres recintos están centrados no polo norte celeste e inclúen as estrelas que se podían ver todo o ano dende a China.[3] As vinte e oito casas abranguen a rexión zodiacal e poden considerarse equivalentes aos 12 signos de zodíaco. Ao contrario do que ocorre cos signos do horóscopo occidental, as vinte e oito casas fan referencia ás fases do mes lunar máis que á posición do sol ao longo do ano; de aí vén a súa denominación de palcos lunares.

A cada estrela visible asígnaselle un asterismo e algúns dos asterismos só contan cunha estrela. Tradicionalmente, cada estrela recibe un nome relacionando o seu asterismo cun número.

O sistema chinés desenvolveuse independentemente do sistema grecorromano dende polo menos o século V a.C., aínda que puido haber influencias mutuas, suxeridas polo paralelismo coa astronomía babilonia.[4]

O sistema de vinte e oito casas é moi similar (aínda que non idéntico) ao sistema indio Nakshatra, e non se sabe se houbo influencia entre ambos os sistemas.

As cartas celestes chinesas máis antigas que se coñecen datan da dinastía Tang.

Tres recintos

[editar | editar a fonte]

Son o Recinto Púrpura Prohibido (紫微垣, Zǐ Wēi Yuán), o Recinto do Palacio Supremo (太微垣, Tài Wēi Yuán) e o Recinto do Mercado Celestial (天市垣, Tiān Shì Yuán). O primeiro abrangue a maior parte da área do norte do ceo nocturno, mentres que a terceira está na área do sur. Cada recinto está separado por «muros», que son asterismos.

As vinte e oito casas

[editar | editar a fonte]
Carta estelar con asterismos e palcos lunares tradicionais chineses.

As vinte e oito casas agrúpanse en Catro Símbolos, cada un asociado cunha dirección do compás e contén sete casas. Os nomes e estrelas determinantes son:[5][6]

Catro símbolos
(四象)
Casa (宿)
NúmeroNome (pinyin)TraduciónEstrela determinante
Dragón azul
do leste

(東方青龍)
Primavera
1角 (Jué/Jiăo)Cornoα Vir
2亢 (Kàng)Pescozoκ Vir
3氐 (Dī)Raízα Lib
4房 (Fáng)Cuartoπ Sco
5心 (Xīn)Corazónα Sco
6尾 (Wěi)Raboμ Sco
7箕 (Jī)Peneiraγ Sgr
Tartaruga negra
do norte

(北方玄武)
Inverno
8斗 (Dǒu)Cíclido (do sur)φ Sgr
9牛 (Niú)Boiβ Cap
10女 (Nǚ)Rapazaε Aqr
11虛 (Xū)Baleiroβ Aqr
12危 (Wéi/Wēi)Telladoα Aqr
13室 (Shì)Campamentoα Peg
14壁 (Bì)Muroγ Peg
Tigre branco
do oeste

(西方白虎)
Outono
15奎 (Kuí)Pernasη And
16婁 (Lóu)Vencelloβ Ari
17胃 (Wèi)Estómago35 Ari
18昴 (Mǎo)Cabeza peludo17 Tau
19畢 (Bì)Redeε Tau
20觜 (Zī)Bico de tartarugaλ Ori
21參 (Shēn)Tres estrelasζ Ori
Paxaro vermello
do sur

(南方朱雀)
Verán
22井 (Jǐng)Pozoμ Gem
23鬼 (Guǐ)Pantasmaθ Cnc
24柳 (Liǔ)Salgueiroδ Hya
25星 (Xīng)Estrelaα Hya
26張 (Zhāng)Rede estendidaυ¹ Hya
27翼 (Yì)Ásα Crt
28軫 (Zhěn)Carroγ Crv

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]

A cada estrela asígnaselle un asterismo e dentro deste, un número. Polo tanto, cada estrela desígnase como «nome do asterismo» máis un «número». A numeración das estrelas non se basea na magnitude como na denominación de Bayer, senón na posición no asterismo. Ademais algunhas estrelas teñen un nome tradicional, normalmente relacionado coa mitoloxía ou a astronomía.

  1. 星官 tradúcese literalmente como "oficial estrela".
  2. Hsing-chih T'ien. and Will Carl Rufus, The Soochow astronomical chart, Ann Arbor : Univ. of Michigan Press, 1945, p. 4.
  3. Needham, J. "Astronomy in Ancient and Medieval China". Philosophical Transactions of the Royal Society of London. Series A, Mathematical and Physical Sciences, Vol. 276, No. 1257, The Place of Astronomy in the Ancient World (2 de maio de 1974), pp. 67-82. Consultado o 9 de outubro de 2012.
  4. Xiaochun Sun, Jacob Kistemaker, The Chinese sky during the Han, vol. 38 of Sinica Leidensia, BRILL, 1997, ISBN 978-90-04-10737-3, p. 7f. and p. 18, note 9.
  5. "The Chinese Sky". International Dunhuang Project. Arquivado dende o orixinal o 2012-07-10. Consultado o 2011-06-25.
  6. Sun, Xiaochun (1997). Helaine Selin, ed. Encyclopaedia of the History of Science, Technology, and Medicine in Non-Western Cultures. Kluwer Academic Publishers. p. 517. ISBN 0-7923-4066-3. Consultado o 2011-06-25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]