Constanza, duquesa de Lancaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constanza, duquesa de Lancaster
Constanza Castile (1354-94).jpg
Nacemento1354
Lugar de nacementoCastrojeriz
Falecemento24 de marzo de 1394
Lugar de falecementoCastelo de Leicester
SoterradaChurch of the Annunciation of Our Lady of the Newarke
NacionalidadeCoroa de Castela
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítica
PaiPedro I de Castela
NaiMaria de Padilla
CónxuxeXoán de Gante
FillosCatarina de Lancaster e John Plantagenet
IrmánsIsabel de Castela, Duquesa de Iorque, Sancho de Castilla, Jean de Castille e Diego de Castilla
Na rede
WikiTree: Castilla-59 Find a Grave: 8089003 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Constanza de Lancaster ou Constanza de Castela, nada en 1354 en Castrojeriz e finada o 24 de marzo de 1394 no castelo de Lancaster, foi unha nobre castelá, duquesa de Lancaster desde 1371 até á súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Constanza era filla lexítima de Maria de Padilla e de Pedro I de Castela. Descendía, por vía paterna, dos reis de Portugal, pois a súa avoa paterna, a infanta María de Portugal, era filla de Beatriz de Castela e de Afonso IV de Portugal, e o seu avó paterno, Afonso IX de Castela, era fillo da infanta Constanza de Portugal e de Fernando IV de Castela.

Tras a morte do seu irmán, o príncipe herdeiro Afonso, en 1362, tendo el só 3 anos, Constanza foi nomeada herdeira de seu pai, pois era a súa filla máis vella (máis aló dela, só había as súas irmás, Beatriz, e Sabela).

Coa morte do pai, asasinado polo medio-irmán Henrique, en 1369, o trono dos reinos da Coroa de Castela fica sen herdeiro.

Os pretendentes ao trono eran Constanza, con só 15 anos e o seu tío ilexítimo Henrique de Trastámara, medio-irmán de seu pai e bastardo de Afonso XI de Castela e de Leonor de Guzmán.

En 1371, Constanza casa con Xoán de Gante, duque de Lancaster ou Lencastre (nome dado en Galiza e Portugal), fillo de Eduardo III de Inglaterra e de Filipa de Hainaut, posteriormente, ela e o seu marido serían aférrimos pretendentes ao trono da Coroa de Castela, chegando temporalmente dominar o reino de Galiza que lle solicitara axuda contra o castelán Henrique de Trastámara.

Esta cuestión ficou resolta coa subida ao trono de Henrique, en 1372.

Do casamento de Constanza e de Xoán de Gante, naceron:

  • Catarina de Lancaster ou Plantagenet (1372?1418), consorte de Henrique III de Castela.
  • Xoán Plantagenet (1372-1375).

Constanza faleceu en 1394, con tan só 40 anos, precozmente, debido á peste.