Constantino III Heraclio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de maio de 612 |
| Morte | 24 de maio de 641 Calcedonia |
| Causa da morte | tuberculose |
| Emperador do Imperio Romano de Oriente | |
| febreiro de 641 – maio de 641 ← Heraclio – Heracleonas → | |
| Actividade | |
| Ocupación | gobernante |
| Período | Imperio Bizantino |
| Familia | |
| Familia | Dinastía heracliana |
| Cónxuxe | Gregória |
| Fillos | Constante II |
| Pais | Heraclio |
| Irmáns | Eudóxia Epifânia João Atalarico Heracleonas valor descoñecido Konstantinos Heteros Davi Teodósio Marino (filho de Heráclio) Augustina Martina valor descoñecido |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Heraclius Constantinus, coñecido como Constantino III Heraclio ou Constantino III, nado o 3 de maio de 612 e finado cara ao 641, foi un emperador Romano de breve reinado a mediados do século VII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Heraclio Constantino era o fillo máis vello do emperador Romano Heraclio, fundador da dinastía Heráclida, e da súa primeira esposa Eudocia. tamén era o medio irmán máis vello de Heraclonas, fillo de Martina, a segunda esposa do emperador Heraclio. Por razóns políticas, Heraclio considerou a Martina como nai de ambos fillos, que quedaron asociados ao trono en paridade de dereitos.
Constantino Heraclio converteuse en emperador á morte do seu pai en 641 como Constantino III. O seu acceso ao trono estivo marcado polas disputas familiares pola sucesión. O feito máis destacado acaecido durante o seu breve reinado foi a perda de Exipto, que foi conquistada polos árabes. Cando levaba catro meses de reinado, Constantino Heraclio morreu de tuberculose. Foi sucedido polo seu medio irmán Heraclonas no trono. O rumor de que Martina envelenara ao seu fillastro causou problemas políticos durante o reinado de Heraclonas.
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: Heraclio |
Constantino III Heraclio | Precede a: Heracleonas |
| Dinastía dos Heráclidas | ||