Constantino Gamallo Soto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | 1949 |
Primitivo Constantino Gamallo Soto, finado en 1949, foi un farmacéutico e agrarista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Farmacéutico de Cerdedo dende 1894. Exercía tamén como ferreiro e reloxeiro. Foi un dos principais líderes do agrarismo en Cerdedo.[1] Correspondente de Progreso en Cerdedo, foi denunciado e procesado por inxurias graves a Serafín Sieiro Moreira en 1917.[2][3] Foi condenado e pasou varios días en prisión.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Honorata Simal.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Solla, Calros (2011). O ano que chimpamos o cacique. Crónica do agrarismo en Cerdedo (1916-1923). Cangas do Morrazo: Morgante. ISBN 978-84-15166-19-1.