Consello Nacional Africano Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Consello Nacional Africano Unido (CNAU, en inglés United African National Council UANC) foi un partido político de Cimbabue fundado en decembro de 1971 como Consello Nacional Africano e dirixido polo bispo metodista Abel Muzorewa en 1974 adoptou o seu actual nome. En 1979 encabezou o goberno logo do acordo entre o primeiro ministro Ian Smith e Muzorewa e a formación dun goberno de unidade nacional pero que non contou co recoñecemento internacional. Nas eleccións de 1980 o CNAU sufriu unha derrota da man da Unión Nacional Africana de Cimbaue - Fronte Patriótica, o partido de Robert Mugabe, quedando fóra do parlamento nas eleccións de 1985 e 1990.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.