Congreso de Berlín de 1878
O Congreso de Berlín de 1878, foi unha asemblea diplomática dos representantes de varios estados europeos, convocada a iniciativa dos británicos Benjamin Disraeli e Robert Gascoyne-Cecil, marqués de Salisbury, co propósito de reorganizar a rexión dos Balcáns trala Guerra Ruso-Turca de 1877-1878, así como harmonizar o interese de Inglaterra, Rusia e Austria-Hungría na zona. Foi organizada baixo a presidencia de Otto von Bismarck, Chanceler de Alemaña, país anfitrión do congreso.
Estiveron presentes o Reino Unido, o Imperio Austrohúngaro, Francia, Alemaña, Italia, Rusia e o Imperio Otomán. Delegados de Grecia, Romanía, Serbia e Montenegro asistiron nas sesións que trataban sobre os seus estados, mais non foron integrantes do congreso.
O tratado resultante asinado o 23 de xullo, modificou ao Tratado de San Stefano co que o Reino Unido e o Imperio Austrohúngaro non estaban conformes.
Disposicións
[editar | editar a fonte]- Armenia pasa baixo control do Imperio Otomán.
- Bosnia-Hercegovina pasa baixo control do Imperio Austrohúngaro.
- Serbia, Montenegro e Grecia son ampliadas.
- Parte de Romanía obtén a súa independencia.
- Bulgaria recupera a súa independencia como principado autónomo, a expensas do Imperio Otomán.
- Chipre pasa baixo control británico.
- O tratado asegura a Francia e Italia a posibilidade de ocupar Tunisia e Trípolitania (Libia).
Participantes
[editar | editar a fonte]Alemaña
Imperio Austrohúngaro
Francia
Grecia
Gran Bretaña
Italia
Rusia
Serbia
Imperio Otomán
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Conferencia de Berlín de 1884-1885
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- DW (Deutsche Welle).