Conflito entre Uber e os taxis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Legalidade de Uber nas cidades onde opera ou operou algunha vez.
En verde, sen restriccións; en rosa, permitido pero con limitacións; en vermello, prohibido.
Nota: en España volveu ser legal en 2016[1].

O conflito entre a empresa Uber e os taxistas tradicionais é a disputa xurdida a raíz do comezo dos servizos da primeira en cada país. En España, a empresa de software móbil Uber, comezou a operar en Barcelona, de xeito que puña en contacto a condutores particulares con usuarios da aplicación para contratar o servizo de transporte. En setembro dese mesmo ano comezou a operar tamén en Madrid. Neste contexto, os taxistas iniciaron diversas protestas contra un servizo que consideraban competencia desleal, en consonancia con outras protestas que se produciron nos diferentes países onde Uber operaba.[2]

O 11 de xuño de 2014, nunha acción concertada en Barcelona e outras cidades europeas, os taxistas bloquearon as rúas como xeito de protesta en contra do que percibían coma unha ameaza contra os seus intereses e o futuro do sector. O argumento dos taxistas baseábase no feito de que Uber e outros servizos baseados en aplicacións intelixentes semellantes tiñan unha vantaxe inxusta ao non estaren suxeitos aos mesmos tipos de taxa nin regulamentación ca os taxis.[3][4] A empresa, por outra banda, defendíase argumentando que os seus servizos só se limitan a facilitar o contacto entre particulares e que non se trataban dunha empresa de transportes.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]