Saltar ao contido

Conflito en Río de Xaneiro en novembro de 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A policía entre en Vila Cruzeiro
Autobús destruído durante a ocupación pola policía de Vila Cruzeiro
Policías entrando no Complexo do Alemão

O Conflito en Río de Xaneiro foron actos de violencia organizada que aconteceron na Rexión Metropolitana do Río de Xaneiro a partir da noite do sábado día 20 de novembro de 2010. Certos xornais e os medios internacionais denominaron a esta situación Guerra do Río de Xaneiro.[1]

Nesa data bandas vencelladas ó tráfico de drogas tentaron promover un roubo colectivo a condutores, fenómeno coñecido na rexión como arrastão, na estrada Río-Magé (tramo da BR-116), en Duque de Caxias, causando a morte dun condutor[2]. Segundo as testemuñas, a tarde do domingo seis homes que portaban rifles abordaron tres automóbiles en Liña Vermella, á altura da estrada Washington Luís. O grupo prendeu lume a dous vehículos e envorcou outro. Na fuga, disparáronlle a un coche oficial do Comando da Aeronáutica[3]. Desde entón foron incendiados polo menos 89 vehículos e 39 sospeitosos morreron nos enfrontamentos[4]. Dos 200 detidos, 70 foron á cadea[5].

Nunha entrevista co Jornal Nacional, da Rede Globo, o 24 de novembro, o gobernador do estado do Río de Xaneiro, Sérgio Cabral Filho, declarou que pediu o apoio loxístico da Mariña do Brasil, que o ministro de Defensa Nelson Jobim garantiu, nas operacións de represión da vaga de violencia[6]. Recorrer á Mariña para combater o tráfico e o crime nas favelas foi unha decisión inédita no país[7][8].

O día 25 de novembro realizouse a maior ofensiva da Policía Militar, co seu Batallón de Operacións Policiais Especiais, e da Policía Civil, en colaboración coa Unidade de Policía pacificadora e, sobre todo a Mariña. Esta facilitou seis blindados e un grupo de marines para amparar na loxística da operación, que resultou na toma de Vila Cruzeiro, ata entón en poder dos traficantes. Preto de 500 policías participaron na acción[9]. Co apoio da Mariña, a policía ocupou ese reduto dos criminais[10] e puxo cerco ao Complexo do Alemão, para onde fuxiran os bandidos[11]. Despois dun ultimato emitido pola policía rendéronse trinta e un traficantes[12]. Tras un intercambio de fogo, 2.600 policías e militares invadiron a área ás 08:00 do 28 de novembro[13], ocupándoa ás poucas horas sen apenas resistencia[14].

  1. Imprensa mundial destaca pânico e clima de guerra no Rio de Janeiro - 26/11/2010 Arquivado 28/11/2010, en Wayback Machine. (en portugués)
  2. Motorista morre em tentativa de arrastão na Estrada Rio-Magé, altura de Caxias - 21/11/2010 Arquivado 27/11/2010, en Wayback Machine. (en portugués)
  3. bandidos armados põem fogo em carros na Linha Vermelha - 25/11/2010 (en portugués)
  4. Violência entre polícia e traficantes no Rio de Janeiro já fez 39 mortos 26/11/2010 (en portugués)
  5. Rio oferece abrigo a moradores de bairro invadido por criminosos - 25/11/2010 Arquivado 24/05/2011, en Wayback Machine. (en portugués)
  6. Governador do Rio pede apoio à Marinha em entrevista à TV‎ - 26/11/2010 (en portugués)
  7. Defesa diz que pode avaliar envio de tropas ao Rio se estado pedir‎ - 25/11/2010 (en portugués)
  8. 'A gente sabe onde quer chegar', diz Beltrame - 25/11/2010 Arquivado 28/11/2010, en Wayback Machine. (en portugués)
  9. Beltrame agradece Marinha e diz que operações no Rio vão continuar - 25/11/2010 (en portugués)
  10. "Com Marinha, polícia ocupa reduto de criminosos no Rio‎ - 25/11/2010". Arquivado dende o orixinal o 29/11/2010. Consultado o 26/11/2010. 
  11. No terceiro dia de cerco ao Alemão, coordenador do AfroReggae vai à comunidade da Grota 27-11-2010 (en portugués)
  12. Trinta e um traficantes já se renderam no Alemão, diz deputado do Rio 27/11/2010
  13. "Polícia invade Complexo do Alemão - 28 -11-2010". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2010. Consultado o 28 de novembro de 2010. 
  14. Forças de segurança ocupam outro reduto do crime no Rio 28/11/2010 Arquivado 30/11/2010, en Wayback Machine. (en portugués)