Conector DIN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un conector DIN de 5 pins para un teclado de ordenador.

Un conector DIN é un conector que foi orixinariamente estandarizado polo Deutsches Institut für Normung (DIN), a organización de estandarización alemá.

Existen estándares DIN para diferentes conectores, polo tanto, o termo "Conector DIN" por si mesmo é ambiguo xa que non identifica a un conector en particular amenos que se lle engada un número de documento que indique do tipo de conector do que se trata (por exemplo "Conector DIN 41524").

No contexto da electrónica de consumo, o termo de "conector DIN" refírese por regra xeral aos conectores con extremo circular que foron os que primeiro se estandarizaron por DIN para ser empregados nos sinais de audio analóxicos. Algúns destes conectores foron usados posteriormente na transmisión de vídeo analóxico e en interfaces dixitais, como por exemplo MIDI ou o conector PS/2 de teclado e rato de IBM.

Todos os conectores macho (plugs) da familia teñen un extremo de metal con 13.2 mm de diámetro con bordes especiais para limitar a orientación ao ser insertados nas ranuras. Existe unha serie de conectores que difiren só na configuración dos pins e que foi estandarizado orixinariamente na DIN 41524 (de 3 a 5 pins), a DIN 45322 (de 5 pins a 60°), a DIN 45326 (8 pins), a DIN 45329 (7 pins), e outros estándares para diferentes aplicacións.

DIN-3 Diagram.svg DIN-4 Diagram.svg DIN-4b Diagram.svg DIN-5b Diagram.svg DIN-5c Diagram.svg DIN-5 Diagram.svg DIN-6 Diagram.svg DIN-7 Diagram.svg DIN-8 Diagram.svg

Os conectores teñen unha funda metálica circular para protexer os pins que sobresaen. A funda metálica está dentada para que sexa insertada coa orientación correcta no seu enchufe e prever deste xeito posibles danos.


Exemplo de conector de audio[editar | editar a fonte]

DIN41524-5fp.svg
3 Saída da canle da esquerda / Mono
5 Saída da canle da dereita (só en estéreo)
2 Terra
4 Entrada da canle dereita (só en estéreo)
1 Entrada da canle esquerda / Mono

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  • IEC 60130-9: Connectors for frequencies below 3 MHz — Part 9: Circular connectors for radio and associated sound equipment. International Electrotechnical Commission, Xénova.
  • IEC 60574-3: Audiovisual, video and television equipment and systems — Part 3: Specification for connectors for the interconnection of equipment in audiovisual systems.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]