Condición precancerosa
Unha condición precancerosa ou condición premaligna é un termo usado para describir certas condicións ou lesións relacionadas con células anormais que están asociadas co risco de desenvolver un cancro.[1][2][3] Clinicamente, as condiciós precancerosas abranguen unha serie de condicións ou lesións cun maior risco de desenvolver cancro. Algunhas das afeccións precancerosas máis comúns inclúen certos pólipos de colon, que poden progresar en cancro colorrectal, gammopatía monoclonal de significado incerto, que poden progresar a mieloma múltiple ou síndrome mielodisplásica,[4] e displasia cervical e cancro cervical.[5] Patoloxicamente, as lesións precancerosas poden variar dende neoplasia benigna, que son tumores que non invaden os tecidos veciños normais, até displasia.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NCI Dictionary of Cancer Terms". National Cancer Institute (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2018.
- ↑ "Canadian cancer society: Precancerous conditions of the colon or rectum". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ "Canadian cancer society: Precancerous conditions of the esophagus". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Korde N, Kristinsson SY, Landgren O (maio de 2011). "Monoclonal gammopathy of undetermined significance (MGUS) and smoldering multiple myeloma (SMM): novel biological insights and development of early treatment strategies". Blood 117 (21): 5573–81. PMC 3316455. doi:10.1182/blood-2011-01-270140.
- ↑ "Canadian cancer society: Precancerous conditions of the cervix". Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ "NCI Dictionary of Cancer Terms". National Cancer Institute (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2018.