Condado de Santa Marta de Babío
Condado de Santa Marta de Babío | |
---|---|
Primeiro titular | Alfredo Moreno Osorio |
Concesión | Afonso XIII 15 de marzo de 1924 |
Actual titular | Rafael Moreno Benjumea |
O condado de Santa Marta de Babío é un título nobiliario galego outorgado polo rei Afonso XIII o 15 de marzo de 1924. Recibe o seu nome do antigo señorío xurisdicional de Santa María de Babío (Bergondo), feudo da familia Taboada que, por matrimonio, pasara ao conde de Fontao no século XIX.
O seu primeiro titular foi o enxeñeiro de camiños Alfredo Moreno Osorio, fillo de Alfredo Moreno Moscoso de Altamira, III conde de Fontao, e de Dolores Osorio Chacón.
Titular | Período | |
---|---|---|
Creación por Afonso XIII de España | ||
I | Alfredo Moreno Osorio | 1924 - 1932 |
II | José Moreno Torres | 1946 - 1983 |
III | Rafael Moreno Benjumea | 1984 - actualidade |
Xenealoxía
[editar | editar a fonte]Alfredo Moreno Osorio, enxeñeiro de camiños, fundador do gabinete madrileño de enxeñaría Mengemor. Casou con Carmen Torres Calderón, e sucedeuno o seu fillo:
José Moreno Torres, alcalde de Madrid. Casou con Isabel Benjumea Heredia, filla do conde de Guadalhorce. Sucedeuno o seu fillo:
Rafael Moreno Benjumea, casado con Ana María Mazarredo Chapa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto Salazar y Castro, CSIC.