Alfredo Moreno Osorio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1871 A Coruña, España |
Morte | novembro de 1933 (61/62 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro de camiños |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | José Moreno Torres (pt) |
Irmáns | José Moreno Osorio |
Alfredo Moreno Osorio, nado na Coruña en 1871 e finado en Madrid en novembro de 1933,[1] foi un enxeñeiro de camiños galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Alfredo Moreno Moscoso de Altamira, III conde de Fontao, e de María de los Dolores Osorio Chacón. Foi irmán do tamén enxeñeiro José Moreno Osorio.
Acadou sona ao traballar canda a Antonio González Echarte e Carlos Mendoza Saéz de Argandoña. En 1904, creou en Madrid o gabinete de enxeñaría Mengemor (acróstico formado coas primeiras sílabas dos apelidos dos fundadores: Mendoza, González-Echarte e Moreno).
Os seus primeiros traballos con este gabinete foron a construción de saltos, encoros e diversas construcións relacionadas coa industria hidroeléctrica[2][3], algunhas delas en colaboración co seu consogro, Rafael Benjumea Burín, e co seu curmán político, Joaquín de Arteaga.
En 1924 o rei Afonso XIII concedeulle o condado de Santa Marta de Babío.
Familia[editar | editar a fonte]
Casou con Carmen Torres Calderón e tivo seis fillos:
- José Moreno Torres, alcalde de Madrid e II conde de Santa Marta de Babío, casado con Isabel Benjumea Heredia;
- Jacobo Moreno Torres, casado con Ángela Mercader;
- Milagros Moreno Torres, casada con Joaquín Crespí de Valldaura Cavero;
- Carmen Moreno Torres, casada con Juan Goyeneche San Gil; pais do xinete olímpico Alfredo Goyeneche Moreno;
- Alfredo Moreno Torres, casado con Gabriela Poveda Echagüe;
- Pedro Moreno Torres, casado con Dolores de la Cuesta.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 25-11-1933, p. 2
- ↑ «Ingenieros-empresarios en el desarrollo del sector eléctrico español: Mengemor, 1904-1951», Revista de Historia Industrial, nº 3. Abril de 1993, pp:93-126
- ↑ 1954 - «Jurisprudencia civil», Volumen 35, Tribunal Supremo, España. Ministerio de Justica