Concordia de Villafáfila
A Concordia de Villafáfila é un acordo asinado o 27 de xuño de 1506 na localidade de Villafáfila por Fernando o Católico, e ao día seguinte en Benavente por Filipe o Fermoso, marido de Xoana I de Castela (coñecida co sobrenome de Xoana a Tola).[1]
Mediante este tratado recoñecíase a incapacidade da raíña Xoana para reinar debido ao seu alleamento mental. Filipe o Fermoso quedaba como único rei de Castela. Fernando o Católico, que ata entón viña exercendo como gobernador de Castela en virtude do indicado no testamento de Isabel a Católica (12 de outubro de 1504)[2] e do acordado con Xoana e Filipe na Concordia de Salamanca (24 de novembro de 1505), retirábase aos seus reinos de Aragón. A cambio, Fernando recibía as rendas das tres ordes militares castelás que foran patrimonializadas na década anterior (Calatrava, Santiago e Alcántara) e unha porcentaxe non especificada das rendas das Indias Occidentais (a metade, segundo algunhas fontes)[3].
A vixencia do acordo foi breve, como consecuencia do falecemento de Filipe o fermoso o 25 de setembro de 1506. Fernando o Católico volveu asumir o goberno de Castela como rexente da súa filla Xoana, dado que o fillo primoxénito de Xoana e Filipe (o futuro Carlos V) tiña cinco anos de idade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jerónimo Zurita: Historia del rey Don Fernando el Católico. De las empresas, y ligas de Italia Arquivado 09 de decembro de 2007 en Wayback Machine., libro VII, cap. VII.
- ↑ Luis Suárez Fernández, Análisis del testamento de Isabel la Católica. Testamento de la Señora Reyna Católica Doña Isabel, hecho en la villa de Medina del Campo, a doce de octubre del año 1504, texto en Wikisource.
- ↑ Belenguer, Ernest (2019). Los Trastámara. El primer linaje real de poder político en España (en castelán). Pasado & Presente. p. 469. ISBN 9788494970603.