Concha Andreu
Concha Andreu | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de marzo de 1967 |
Calahorra | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Zaragoza |
Ocupación | política e enólogo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Concepción Andreu Rodríguez, nada en Calahorra, A Rioxa, o 10 de marzo de 1967, é unha enóloga e política española. Dende 2015 é voceira do Grupo Socialista no Parlamento da Rioxa e deputada rexional dende 2011. Dende 2017 forma parte da Executiva Federal do PSOE como Secretaria do Mundo Rural.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada en Calahorra en 1967, en 1990 licenciouse en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Salamanca (especialidade de Botánica). Entre 1990 e 1992 cursou un mestrado en Viticultura e Enoloxía pola Universidade de Zaragoza. É enóloga nas Adegas Melquior.[1]
Membro do PSOE, é secretaria de Agricultura e Medio Ambiente da Comisión Executiva Rexional do PSOE da Rioxa.
Deputada do Parlamento da Rioxa dende 2011, foi candidata do PSOE á presidencia da Rioxa nas eleccións autonómicas do 24 de maio de 2015, obtendo 10 deputados fronte a 15 do PP, asumindo o cargo de voceira do Grupo Socialista no Parlamento da Rioxa, liderando a oposición.[2]
En 2017, foi elixida Secretaria do Mundo Rural na Executiva Federal do PSOE liderada por Pedro Sánchez.[3]
En setembro de 2018 foi nomeada candidata socialista á presidencia da Rioxa tras ser a única candidatura que presentou os avais para as primarias.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sin palabras: Concha Andreu | nuevecuatrouno.com". Consultado o 10 de novembro de 2018.
- ↑ "Concepción Andreu Rodríguez — Parlamento de La Rioja". Consultado o 10 de novembro de 2018.
- ↑ "Andreu entra en la Ejecutiva del PSOE como secretaria de Mundo Rural". Consultado o 10 de novembro de 2018.
- ↑ "Concha Andreu obtiene los avales necesarios para su candidatura en primarias socialistas a la Presidencia de La Rioja". europapress.es (en castelán). 24 de setembro de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2018.