Concello de Nora
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Örebro ![]() | ||||
Capital | Nora (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.604 (2025) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 690,84 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | nora.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Nora é un concello sueco no condado de Örebro.[1] A súa capital é a localidade de Nora. En decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 10 639 habitantes.[2]
O concello atópase na rexión mineira de Bergslagen e coopera cos municipios adxacentes do grupo KNÖL (Kommuner i Norra Örebro län): Lindesberg, Ljusnarsberg e Hällefors. Os concellos cooperan en temas como estradas, xestión do lixo ou tempo libre.
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Järnboås, Nora e Viker (dende 1878). Nesas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome, aínda que o concello rural de Viker formouse en 1878 por unha excisión do de Nora. Na zona tamén estana a cidade de Nora na que en 1863 formouse un concello urbano.
Coa reforma municipal de 1952 creouse o gran concello de Noraskog pola fusión dos anteriores municipios de Hjulsjö, Järnboås Nora e Viker, mentres que a cidade de Nora permaneceu sen cambios.
O concello rural de Noraskog incorporouse en 1965 á cidade de Nora, da cal a parroquia de Hjulsjö separouse en 1967 para incorporarse ao köping de Hällefors. O actual concello de Nora naceu coa reforma muncipal de vid 1971 despois da reorganización da cidade de Nora.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Nora atópase no centro do condado de Örebro. Ao nordés limita co municipio de Lindesberg, ao sueste co de Örebro, ao suroeste co de Kalskoga, e ao noroeste co de Hällefors, todos eles en Örebro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-30.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-13.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.