Conca do Sistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 29°50′07″N 61°56′30″L / 29.83528, -61.94167

Vista satélite da rexión.

A conca do Sistán é unha conca endorreica interior que comprende gran parte do suroeste de Afganistán e do sueste de Irán, unha das rexións máis secas do mundo e unha área sometida a unha prolongada seca. Esta conca hidrográfica está formada por un sistema de ríos que flúen dende as montañas de Afganistán até desaugar nun conxunto de lagos de auga doce e áreas pantanosas; estes, á súa vez, en época de grandes choivas desbordan e acaban fluíndo na depresión salina de Godzareh, en Afganistán, o destino final. O río Helmand drena a maior conca hidrográfica, alimentada principalmente polo desxeo das montañas de Hindu Kush, mais outros ríos contribúen tamén.[1][2]

Un outeiro de basalto, coñecida como monte Khajeh, érguese xunto ós lagos e pantanos da conca.

Importancia ecolóxica[editar | editar a fonte]

Dado que a economía da rexión se basea na agricultura, a subsistencia depende do desxeo e as precipitacións nas altas montañas para manter a saúde da conca do Sistán e os seus humidais. Esta fonte de auga varía moito co tempo, o que provoca problemas fundamentais para a supervivencia dos asentamentos humanos na zona. Unha severa seca comezou a finais do século XX e durou seis anos, até 2005, con consecuencias extremas para a poboación.[1]

A supervivencia económica da rexión depende dos produtos da zona húmida. Por exemplo, os leitos de xunqueiras achegan alimento para o gando, combustible para cociñar e quentarse, e materias primas para estruturas e artesanías. A dispoñibilidade de auga afecta os ingresos derivados da pesca e da caza, unha importante fonte de ingresos. O resultado da seca foi o colapso da economía local, así como a destrución do sistema ecolóxico dos humidais, causando danos á agricultura no delta que se basea na irrigación desde o río Helmand.[3]

Notas[editar | editar a fonte]