Comuna de García Rovira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Comuna de García Rovira é unha das 17 divisións administrativas da cidade de Bucaramanga, en Colombia. Debe o seu nome a Custodio García Rovira, militar nacido nese lugar.

García Rovira localízase no centro de Bucaramanga, entre as rúas 24 e 47 e as avenidas 7w e 15. Entre os edificios da comuna destacan a da casa do concello de Bucaramanga, o pazo do gobernador de Santander, o pazo de Xustiza, a casa de Luis Perú de la Croix, a casa da cultura e a igrexa de San Laureano.