Compresor scroll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mostra do funcionamento das espiras.

O compresor de scroll (ou compresor de espiras) é unha máquina que comprime un gas, habitualmente aire ou fluído refrixerante. Utilízase como sobreaalimentador para os automóbiles, como bomba de baleiro ou nos aparellos de aire acondicionado.

Historia[editar | editar a fonte]

O concepto de compresor scroll naceu en 1905 pola patente de Léon Creux en Francia e Estados Unidos.[1]

Aínda que non se desenvolveu ata medio século despois. Isto ocorreu porque para fabricar un compresor deste tipo son necesarias máquinas automáticas. Estas máquinas permiten a mecanización precisa dos elementos necesarios para que o compresor de espiras poida ser silencioso e eficiente.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

O compresor está formado por dúas espiras, unha fixa e outra móbil, que xira excéntricamente. O gas entra polos extremos das espirais e comprímese diminuindo o volume a medida que avanza cara o centro do compresor onde se sitúa a válvula de descarga e por onde sae perpendicularmente. A duración deste proceso é de varias revolucións, polo que en todo momento existen dúas cámaras opostas do mesmo tamaño, obtendo así un ciclo de compresión case continuo que xera moi poucas vibracións.

Neste tipo de compresores as perdas de presión son baixas en comparación coas que producen os compresores alternativos. Orixinariamente a disposición típica do compresor era vertical, co motor eléctrico na parte inferior e a espira fixa na parte superior. Na actualidade tamén existen coa disposición en horizontal.

O campo de utilización deste tipo de compresores está encamiñado a aplicacións de pequenas potencias como aire acondicionado ou bombas de calor en vivendas e pequenos comercios.

Vantaxes[editar | editar a fonte]

  • Teñen bo rendemento volumétrico.
  • Inexistencia de espazo morto prexudicial.
  • Ausencia de válvulas de aspiración.
  • Gran fiabilidade de funcionamento.
  • Non é ruidoso nin produce moitas vibracións.

Inconvenientes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rapin, Pierre J. (1996). [París] : Pyc édition, 1996, ed. Installations frigorifiques. 2, Technologie. OCLC 37234395 . 

Notas[editar | editar a fonte]