Competencia perfecta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O modelo de competencia perfecta describe unha estrutura de mercado que cumpre cos seguintes supostos:

  1. Non hai barreiras á entrada de novas empresas e o sair non implica un custo.
  2. Existe información perfecta sobre prezos, bens e insumos.
  3. Produto homoxéneo, é dicir, os bens son substitutos perfectos.
  4. Non hai externalidades, é dicir, os dereitos de propiedade están perfectamente definidos.
  5. Os contratos cumprense porque hai un aparello xurídico eficiente.
  6. Non hai rendementos crecentes a escala nin na produción nin no consumo.

Características[editar | editar a fonte]

Se os supostos se cumpren podemos estar seguros de que a asignación que xenera o mercado é eficiente. De feito, nun modelo de equilibrio xeneral as asignacións son eficientes no sentido de pareto.

A condición de optimalidade do mercado esixe que o prezo sexa igual ao custo marxinal. Se o prezo é menor algunhas empresas saen do mercado presionando o prezo á alza pola redución da cantidade ofrecida e se o prezo é maior algunhas empresas entran ao mercado esperando beneficios positivos, pero ao facer, presionan o prezo á baixa debido a que a oferta se expande.

O modelo de competencia perfecta é un ente ideal que intenta capturar a esencia do comportamento económico, tanto das empresas como dos individuos. A maior parte da literatura ocupase de analizar o impacto que ten sobre o benestar ou a eficiencia o que algún dos supostos arriba mencionados non se cumpra. Quizais un dos máis importantes é o da información.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]