Comité do Patrimonio da Humanidade
Comité do Patrimonio da Humanidade | |
---|---|
Tipo | comisión |
Data de fundación | 1977 |
Na rede | |
https://whc.unesco.org/fr/comite/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Comité do Patrimonio da Humanidade é o organismo encargado de escoller os sitios para ser listados como Patrimonio da Humanidade da UNESCO, incluídas a Lista do Patrimonio Mundial e a Lista do Patrimonio Mundial en Perigo. O comité define o uso do Fondo do Patrimonio Mundial e asigna asistencia financeira a petición dos estados membros.[1] Está formado por representantes de 21 estados membros[2][1] que son elixidos pola Asemblea Xeral dos Estados Membros para un mandato de catro anos.[3] Estes membros votan nas decisións e propostas relacionadas coa Convención do Patrimonio da Humanidade e a Lista do Patrimonio Mundial.
Segundo a Convención do Patrimonio Mundial, o mandato dun membro dun comité é de seis anos. Porén, moitos estados membros optan por limitar voluntariamente o seu mandato a catro anos, co fin de darlle a outros estados a oportunidade de servir.[3] Todos os membros elixidos na XV Asemblea Xeral (2005) optaron voluntariamente por reducir o seu mandato de seis a catro anos.[3]
As deliberacións do Comité do Patrimonio Mundial contan coa axuda de tres órganos consultivos, a UICN, o ICOMOS e o ICCROM.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 UNESCO. "The World Heritage Committee". UNESCO. Consultado o 27 de xuño de 2019.
- ↑ De acordo coa páxina UNESCO World Heritage, States Parties son países que asinaron e ratificaron The World Heritage Convention. En marzo de 2013, había un total de 170 estados membros.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "The World Heritage Committee". UNESCO World Heritage Site. Consultado o 2006-10-14.
- ↑ UNESCO World Heritage Centre. "Advisory Bodies". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 27 de xuño de 2019.
- ↑ Office of the External Auditor for the United Nations Scientific, Educational and Cultural Organization (2011) Independent Evaluation by the UNESCO External Auditor, Volume 1: Implementation of the Global Strategy for the Credible, Balanced and Representative World Heritage List. UNESCO Headquarters, París.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comité do Patrimonio da Humanidade |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- UNESCO World Heritage portal – páxina oficial (en inglés), (en francés)
- The World Heritage List – lista oficial de todas as propiedades inscritas (en inglés)