Comité Antiforista de Becerreá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Comité Antiforista de Becerreá, constituído en 1909, foi un comité organizador da propaganda antiforal en Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

Logo dunha intensa propaganda nas parroquias, fundáronse os primeiros sindicatos agrícolas do distrito de Becerreá en abril de 1909. En maio fíxose o primeiro mitin rural, con Alfredo Vicenti como orador. Elixiuse un Comité central provisional dirixido por Santiago Pereira Neira, un responsable da dirección da loita, outro de propaganda e delegados por cada un dos concellos do distrito de Becerreá. Presentaron a Alfredo Vicenti como candidato a deputado a Cortes polo distrito nas eleccións xerais de 1910. Vicenti competiu co gobernamental Antonio Goicoechea. O Comité acordou "declarar o boicot a todos os que deixen de votar; aos que válidos da súa riqueza e autoridade, falsifiquen as actas, as rouben, e compren ou vendan votos ou exerzan coacción sobre algún cidadán, e aos que dean comidas, viños e cigarros aos electores". A elección de 28 de xuño de 1910 foi declarada nula e convocáronse eleccións parciais o 4 de setembro. Nestas foi elixido Vicenti, que ao non presentar credencial, declarouse nula a elección o 13 de outubro. Convocáronse novas eleccións parciais para o 25 de decembro, e declarouse a nulidade o 8 de marzo de 1911[1]. Finalmente Antonio Goicoechea acabou sendo elixido deputado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elecciones 8.5.1910 Consultado o 30 de xuño de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]