Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |

A Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil (CIAIAC) é un organismo oficial de carácter estatal encargado de investigar accidentes aéreos acontecidos dentro do estado español. Está adscrito á Secretaría de Estado de Transportes do Ministerio de Fomento.
As investigacións da CIAIAC non van dirixidas a establecer responsabilidades senón que teñen un carácter técnico. O seu obxectivo, polo tanto, é determinar as causas dos accidentes aéreos para previlos no futuro. Tras cada accidente, a CIAIAC elabora un informe que conté a análise do accidente, as conclusións sobre o mesmo e unha serie de recomendacións de seguridade para que non aconteza de novo.
A CIAIAC elabora tamén unha estadística detallada de tódolos accidentes e incidentes aéreos que se producen en España.
A sede da CIAIAC atópase no distrito madrileño de Latina.[1]
Membros[editar | editar a fonte]
- Juan Pérez Mercader (físico), dende o 2002.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Contáctenos Arquivado 30 de outubro de 2011 en Wayback Machine.." Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil. Consultado o 1 de maio de 2011. "Dirección Edificio Comisión de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Seguridade aérea
- Xunta Nacional de Seguridad do Transporte (National Transportation Safety Board), organismo equivalente nos Estados Unidos de América.
- Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA)
- Voo 8261 de Binter Mediterráneo
- Voo 5022 de Spanair
- Voo 226A de Britannia Airways