Saltar ao contido

Cometa Hyakutake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cometa Hyakutake
 Instancia de
 Época
 Astro pai
Características orbitais
Apoapse4.249,2806652568 AU e 4.559,75 AU Editar o valor en Wikidata
Periastro0,23022353102624 AU Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro130,1751209781 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,99989164704501 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital124,92204939222 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital70.000 a e 35.773.534,623434 d Editar o valor en Wikidata
Período de rotación6,273 h Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior2.279,99 AU e 2.124,7554443939 AU Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente188,04513199216 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media359,99952305825 ° Editar o valor en Wikidata
Tempo de periapse2.450.204,894145 Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro4,2 km Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta7,4 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
30 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización descubrimento
Hayato (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/011v3f Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Cometa Hyakutake (Pronuncia xaponesa: [çakɯ̥take], C/1996 B2) és un cometa, descuberto o 31 de xaneiro de 1996, que pasou moi preto da Terra en marzo dese ano. Foi denominado o Gran cometa de 1996; o seu paso pola veciñanza terrestre foi un dos encontros máis próximos dos últimos dous séculos. Hyakutake foi moi brillante nos ceos nocturnos e amplamente contemplado en toda a Terra, superando en popularidade temporal ó moito máis anticipado Cometa Hale-Bopp, que estaba aproximándose ó Sistema solar interior naquelas datas.

As observacións científicas do cometa levaron a varios descubrimentos. Moitos, sorprenderon ós científicos cometarios, como a primeira emisión observada de Raios X por cometa, o que se cre que foi causado por partículas ionizadas de vento solar interactuando con átomos neutros da cola do cometa. A nave Ulises cruzou de xeito inesperado a cola do cometa a unha distancia de máis 500 UA do núcleo cometario, amosando que Hyakutake tiña a cola máis longa coñecida a un cometa.

Hyakutake é un cometa de período longo. Antes do seu recente paso a través do Sistema Solar, o seu período era duns 17 000 anos, pero as perturbacións gravitatorias dos planetas xigantes incrementou ese período a 70 000 anos.

Hyakutake en raios X.
Hyakutake en raios X.