Combustión

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Combustión

A combustión (do latín combustio, -onis), é unha reacción química na que un elemento combustible se combina con outro comburente, desprendendo calor outras radiacións visibles ou non[1] e producindo un óxido. Os tipos máis frecuentes de combustibles son os materiais orgánicos que conteñen carbono e hidróxeno. O produto desas reaccións pode incluír monóxido de carbono (CO), dióxido de carbono (CO2), auga (H2O) e cinzas. O proceso de destruír materiais por combustión coñécese como incineración.

Tipos de combustión[editar | editar a fonte]

Dependendo de como se produzan as reaccións de combustión, poden ser de diferentes tipos:

  • Combustión completa: prodúcese cando as substancias combustibles reaccionan ao maior grao de oxidación posible. Neste caso non haberá presenza de substancias combustibles nos produtos de reacción.
  • Combustión incompleta: prodúcese cando non se alcanza o máximo grao de oxidación e existe a presenza de substancias combustibles nos gases de reacción.
  • Combustión estequiométrica ou teórica: é a combustión que ten lugar coa cantidade mínima de aire para que non haxa substancias combustibles nos gases de reacción. Neste tipo de combustión non hai presenza de osíxeno nos fumes, debido a que se utilizou integramente na reacción.
  • Combustión con exceso de aire: é a reacción que se produce cunha cantidade de aire superior ao mínimo requirido. Cando se usa o exceso de aire, a combustión tende a non producir substancias combustibles nos gases de reacción. Neste tipo de combustión é típica a presenza de osíxeno nos gases de combustión. A razón pola que se adoita usar o exceso de aire é reaccionar completamente co combustible dispoñible no proceso.
  • Combustión con defecto de aire: é a reacción que se produce con menos aire que o mínimo requirido. Este tipo de reacción caracterízase pola presenza de substancias combustibles nos gases de reacción.

Produtos da combustión[editar | editar a fonte]

Entre as substancias máis comúns que adoitan aparecer como consecuencia da combustión están:

  1. - Dióxido de carbono (CO2)
  2. - Auga (H2O como vapor de auga)
  3. - Nitróxeno (N2)
  4. - Osíxeno (O2)
  5. - Monóxido de carbono (CO)
  6. - Hidróxeno (H2)
  7. - Carbono en forma de tisne
  8. - Dióxido de xofre (SO2)
  9. - Óxidos de nitróxeno (NOx)
  10. - Cinzas
  11. - Hidrocarburos
  12. - Dioxinas
  13. - Hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAH)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Salvi (1975), p. 4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]