Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Combate de mulleres
Nome orixinal
Combate de mujeres (es)
Material / ingrediente
Movemento
Colección
Fundación / creación
1636
Altura
235 cm
Anchura
212 cm
Localización
Exposición
País de orixe
Código do catálogo
s. n.
Inv. Testamentaría Carlos III, Palacio Nuevo, 1794 (en) 545
Inv. Real Museo, 1857 (en) ¿124?
Inv. Fernando VII, Palacio Nuevo, 1814-1818 (en) 124
Inv. Felipe V, Palacio Nuevo, 1747 (en) ,
Inv. Carlos III, Palacio Nuevo, 1772 (en) 988
Catalog Museo del Prado, 1872-1907
Número inventario
Wikidata C:Commons
Combate de mulleres é unha pintura de José de Ribera realizada en óleo sobre lenzo. Consérvase no Museo do Prado en Madrid .
Represéntase un episodio lendario ocorrido en Nápoles en 1552 : dúas mulleres, Isabella de Carazzi e Diambra de Pottinella , en presenza do Marqués do Vasto , rétanse a un duelo polo amor dun home chamado Fabio Zeresola . O tema da pintura tamén foi interpretado como unha alegoría da loita entre o Vicio e a Virtude .
Segundo a investigadora Isabel Mateo , tendo en conta a data na que o cadro foi pintado por Ribera e as insurreccións que houbo en Nápoles a partir de 1635 ,[ 2] podería suxerirse que o tema real desta pintura é unha representación dunha alegoría da loita nacionalista sobre o poder estranxeiro e feudal que caracterizou eses anos, e que proviñan do levantamento de 1585 .[ 2]
↑ "Combate de mujeres" (en castelán) . Consultado o 18 de xuño de 2016 .
1 2 Mateo Gómez, Isabel (1990). "El "Combate de mujeres" de Ribera". Boletín del Museo del Prado (en castelán) (Madrid) 11 (190): 15-18.