Collado Jermoso
Aparencia
Coord.: 43°10′N 4°52′O / 43.17, -4.87
| ||||
O refuxio de alta montaña Diego Mella, máis coñecido como Collado Jermoso, é un refuxio de montaña situado no municipio castelán-leonés de Posada de Valdeón (León), a 2.064 metros de altitude, sobre o Val de Valdeón, no macizo central dos Picos de Europa. Foi inaugurado en 1942 e está xestionado pola FDMESCYL.
Historia
[editar | editar a fonte]Debe o seu nome a Diego Mella, montañeiro que nos anos 1930 pasou pola localización actual do refuxio e, vendo que había unha fonte e estaba protexido do vento, o lugar servía de base para a ascensión de cumes como o Llambrión, a Torre de Peñalba ou a Palanca.
Foi inaugurado en agosto de 1942 e dous anos máis tarde construíuse unha ampliación para a gardería.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Actualmente o refuxio ofrece os seguintes servizos:
- 30 camas (en 4 dormitorios)
- Mantas e almofadas
- Calzado de descanso
- Bar e servizo de comidas
- Baños completos
- Servizo de guía de montaña
- Auga de manancial