Saltar ao contido

Colexio Sagrado Corazón do Carballiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°25′49″N 8°04′43″O / 42.430191170025, -8.0787290326759

Colexio Sagrado Corazón do Carballiño
Fachada do colexio
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón é un centro de ensino concertado, situado na vila do Carballiño, no corazón do casco urbano.

Historia[editar | editar a fonte]

O Sagrado Corazón forma parte dunha congregación relixiosa franciscana de 18 centros en toda España. A fundadora das irmás Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor foi María Ana Mogas Fontcuberta, no ano 1850 en Ripoll.[1]

Este colexio foi fundado no ano 1931, grazas á doazón dos irmáns Prieto, quen deixaron no seu testamento o desexo de construír un colexio para os nenos e nenas con necesidades, e foron as relixiosas Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor que fixeron posible este anhelo. Nun primeiro momento só podían matricularse rapazas, ao tratarse dun internado exclusivamente para mulleres, a excepción do curso de 3 anos no cal se mesturaban ambos os sexos. Non foi ata a década de 1980 cando se permitiu o acceso tamén a homes, que ata ese momento realizaban os seus estudos no colexio Isabel La Católica, coñecido na vila como o Colexio do Corral.[2]

No centro estudou Mariano Rajoy en 1958.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

Consta de catro plantas nas que se distribúen as distintas aulas de ensino. Na planta baixa localízanse as tres aulas de educación infantil, o patio e o ascensor para acceder a todo o edificio.

No primeiro piso atópanse as clases de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de educación primaria, ademais do despacho de dirección, a secretaría, a aula de música e o laboratorio; na segunda planta encontramos o despacho de xefatura de estudos, o do departamento de orientación e a sala do profesorado, ademais das aulas de quinto, sexto, informática, tecnoloxía e a biblioteca. No último andar está o ximnasio, a aula de audición e linguaxe/pedagoxía terapéutica e as clases de educación secundaria obrigatoria.

Tamén conta con comedor no propio centro e unha capela para render culto e celebrar a eucaristía.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "HISTORIA | CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, O Carballiño". www.sagradocorazonocarballino.anamogas.org. Consultado o 2019-05-17. 
  2. "O Carballiño recuerda a O Corral". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-11-28. Consultado o 2019-05-17. 
  3. Portalo, Ana. "Marianito, el niño que llegó a ser presidente". ABC.es (en castelán). Consultado o 2019-05-17.