Saltar ao contido

Colexiata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colexiata de Santa María do Campo, na Coruña.

Unha colexiata ou igrexa colexial é un templo católico, que sen ser catedral, posúe un cabido e no que se celebran oficios como nas catedrais.[1] A dignidade reitora recibe o nome de deán, aínda que ocasionalmente tamén sexa chamado abade ou prior.

A elección dunha colexiata obedece a diferentes razóns, como poden ser a existencia anterior dunha catedral na mesma cidade, querer dar importancia a unha poboación sen poñer sede episcopal, para maior esplendor do culto, etc. A colexiata pode ser secular ou regular.

Tamén se denomina así o templo en que hai (ou houbo no seu tempo) unha comunidade de cóengos regulares de Santo Agostiño presidida por un abade. As comunidades de cóengos regulares de santo Agostiño están na orixe de diversas ordes relixiosas como os premonstratenses, os propios agostiños ou os dominicanos.

Na actualidade denomínase colexiata a unha igrexa principal de tipo colexial, con abade e coenxía, que non é sede bispal —catedral—, e onde os oficios divinos se celebran con similar liturxia á das catedrais.

  1. Diccionario de Arte (2003), p. 121

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]