Colegas
Colegas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Colegas |
Director | Eloy de la Iglesia |
Produtor | José Antonio Pérez Giner |
Guión | Gonzalo Goicoechea Eloy de la Iglesia |
Intérpretes | Antonio Flores Rosario Flores José Luis Manzano José Manuel Cervino Queta Ariel Francisco Casares Isabel Perales José Luis Fernández "Pirri" Ricardo Márquez Luis Romero Omar Butler Tony Valento Antonio Betancourt Bárbara Moya Pedro Nieva Parola Enrique San Francisco |
Música | Miguel Botafogo Antonio Flores |
Fotografía | Hans Burman Antonio Cuevas |
Montaxe | Dark Castle Entertainment |
Estrea | 25 de outubro de 1982 (ES) |
Duración | 117 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Colegas é unha película dramática española de 1982 escrita e dirixida por Eloy de la Iglesia, e protagonizada por Antonio Flores, Rosario Flores e José Luis Manzano. Foi filmada en Madrid e estreada o 25 de outubro de 1982 en España.
Resumo do argumento
[editar | editar a fonte]Antonio (Antonio Flores) e Rosario (Rosario Flores) son dous irmáns que viven na periferia de Madrid. Xunto con José (José Luís Manzano), amigo de Antonio e noivo de Rosario, os tres deben de enfrontarse diariamente á dificultade de atopar un emprego dado a súa humilde orixe.
Sempre enredados coas drogas a situación complícase cando José deixa embarazada a Rosario, que non quere dicir nada aos seus pais, xa que estes non ven con bos ollos a relación de parella que mantén con José. Xuntos deciden que o mellor é abortar e para iso pídenlle axuda a Antonio. O problema é que non teñen diñeiro e terán que conseguilo rapidamente. Neste momento empezan unha serie de desventuras, e, aconsellados por un amigo, Antonio e José deciden prostituírse nunha sauna. Aínda así non conseguen o diñeiro e póñense en contacto cun traficante de drogas, Rogelio (Enrique San Francisco), que lles propón un traballiño a cambio dunha suculenta suma de diñeiro. Inconscientes do enredo no que se meten e pensando que a tarefa é fácil de levar a cabo, José e Antonio aceptan a oferta.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Antonio Flores — Antonio
- Rosario Flores — Rosario
- José Luis Manzano — José
- José Manuel Cervino — Esteban
- Queta Ariel — Herminia
- Francisco Casares — Pai de Antonio
- Isabel Perales — Nai de José
- José Luis Fernández "Pirri" — Pirri
- Ricardo Márquez — Sebas
- Luis Romero — Colza
- Omar Butler — Homosexual 1º
- Tony Valento — Homosexual 2º
- Antonio Betancourt — Camareiro
- Bárbara Moya — Elvira
- Pedro Nieva Parola — Parola
- Enrique San Francisco — Rogelio
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Gran Premio Internacional á Mellor Película no Festival de Tomar de 1982.