Colectivo Libertario Arco da Vella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colectivo Libertario Arco da Vella
Tipocolectivo
Ideoloxíacomunismo libertario
Data de fundación1979
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Colectivo Libertario Arco da Vella foi unha organización anarcocomunista de ámbito galego fundada en 1979[1]. Participou nas negociacións para a formación do Bloque Nacionalista Galego en 1982, chegando asistir á súa I Asemblea Nacional fundacional no Frontón de Riazor, na Coruña. Finalmente decidiu abandonar como consecuencia do nome elixido[2].

A comezos dos 80 publicou en Santiago de Compostela catro números da revista Arco da Vella, escrita integramente en lingua galega e que contou cunha tirada de 1000 exemplares, con depósito legal. Tiña unha liña claramente anarcocomunista, libertaria, galeguista e pro-CNT e nela se trataban temas como a identidade galega ou o antimilitarismo[3].

É citada en diversos foros e publicacións como organización anarcoindependentista xunto con outras como a que sería a súa homóloga en Euskadi, Askatasuna. Unha das súas militantes de máis relevancia sería Rosa Bassave[1], colaboradora na revista homónima así como en A Nosa Terra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Finou Rosa Bassave Roibal". Proxecto Universitario Nomes e Voces. Arquivado dende o orixinal o 11-03-2016. Consultado o 10-03-2016. 
  2. Paola Obellerio. El País (29 de setembro de 2007). "La travesía política del Bloque". Consultado o 10-03-2016. 
  3. "ARCO DA VELLA (PENSAMENTO LIBERTARIO GALEGO) 1". ultragrafico.expoplanetarium.net. Arquivado dende o orixinal o 11-03-2016. Consultado o 10-03-2016.