Cohors I Asturum et Callaecorum
Cohors I Asturum et Callaecorum [civium Romanorum] foi unha unidade auxiliar romana documentada por diplomas e inscricións militares .
Nome[editar | editar a fonte]
- Asturum et Callaecorum: [os] ástures e galaicos. Cando se constituíu a unidade, recrutáronse os soldados entre os pobos ástures e galaicos, aínda que os ástures constituían a maioría mentres os galaicos eran unha minoría[1].
- civium Romanorum : [2] de cidadáns romanos ou con cidadanía romana. Ao lle outorgar o título "civium romanorum" a unha unidade concedíase a cidadanía romana a todos os seus soldados. Non obstante, isto non aplicaba para os soldados aceptados na unidade despois, que recibían a cidadanía romana só ao se licenciaren ( honesta missio ) despois de 25 anos de servizo. Este engadido aparece nalgúns diplomas militares, pero non nas inscricións.
O non existiren referencias aos sufixos milliaria (1000 homes) e equitata (mixtas de infantería e cabalería), pódese supoñer que se trata dunha cohorte de infantería pura (Cohors peditata). A forza nominal da unidade era de 480 homes, e constaba de 6 centurias con 80 homes cada unha.
Historia[editar | editar a fonte]
A primeira evidencia da unidade na provincia de Mauretania Tingitana procede dunha inscrición que se atopou en Volubilis, e que se data no ano 57 d.C. [2] Posiblemente unha vexillatio (destacamento) da cohorte 60 estivo destinada temporalmente na provincia de Illyricum [3]. En diplomas militares datados en 109, 114/117, 122, 124, 131, 153, 156/157, 159, 161 e 162/203 a cohorte figura como parte das tropas destacadas en Mauretania Tingitana baixo diferentes gobernadores[3] [4] [5] [6]
Localizacións[editar | editar a fonte]
As localizacións da cohorte en Mauretania Tingitana poden ser:
- Aïn Schkour: Varias inscricións indican a presenza de (partes) da cohorte en Aïn Schkour, John Spaul asume que a unidade estaba estacionada en Ain Schkour [3].
- Volubilis : A lápida do prefecto Nammius Maternus atopouse en Volubilis.
Integrantes[editar | editar a fonte]

Coñécense os seguintes membros da cohorte [3]:
Comandantes[editar | editar a fonte]
Todos os comandantes tiñan o rango de prefecto.
- Aemi[lius . ]
- Caius Vibius Salutaris [8]
- Flavius [4] (ou C. Iul. ) [3] Neon [9]
- Gaius Julius Longinus [10]
- Lucius Domitius Dentonianus [11]
- Nammius Maternus [12],[13]
- Publius Valerius Priscus [14]
Outros[editar | editar a fonte]
Debate historiográfico[editar | editar a fonte]
Mauretania Tingitana e Illyricum[editar | editar a fonte]
A cohorte está documentada en toda Mauretania Tingitana mediante diplomas militares do ano 109 ao 162 e non se coñecen inscricións ou diplomas militares deste período que indiquen que a unidade estaba estacionada fóra de Mauretania Tingitana. Non obstante, isto non se aplica ao período que abrangue entre os anos 54 ao 60; pola existencia de inscricións e diplomas militares que poderían indicar que a cohorte estaría estacionada en dúas (ou tres) provincias durante un tempo relativamente curto. A secuencia cronolóxica das inscricións e dos diplomas militares (e, xa que logo, das provincias nas que estaba destinada a cohorte) é a seguinte:
- 54: Noricum [17]: Non hai seguridade da unidade figurar mesmo no diploma [3].
- 57: Volubilis (Mauretania Tingitana) [18]
- 60: Illyricum [19]
Margaret M. Roxan asume que existían neste momento dúas cohortes diferentes chamadas Cohors I Asturum et Callaecorum [2]:
- Cohors I Asturum et Callaecorum, que estaba destinada en Illyricum.
- Cohors I Asturum et Callaecorum cR que estaba destinada en Mauretania Tingitana.
Juan Manuel Roldán Hervás tamén é desta opinión, unha destinada en Illyricum e Xermania e outra en Mauretania Tingitana[3]. Pola contra, John Spaul prefire a tese de que era unha única cohorte. Asume que a unidade estaba estacionada permanentemente en Mauretania Tingitana e que un vexillatio da cohorte 60 estivo temporalmente en Illyricum [3]. Narciso Santos Yanguas considera que se desprazou temporalmente toda a cohorte entre os anos 57 e 60 e logo volveu ao norte de África, a finais do século I ou nos primeiros anos do século II[20].
Xermania[editar | editar a fonte]
Malia a non existencia de referencias claras, considérase que o primeiro destino da unidade foi Xermania[1] e a primeira evidencia da cohorte é unha lápida de Ogrigenus, que morreu despois de 9 anos de servizo[21] e que se atopou en Zahlbach datada no período xulio-claudio [2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Santos Yanguas, Narciso (2004). "La Cohorte I de astures y galaicos en territorio norteafricano". Gerión 22 (1): 245–272.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Margaret M. Roxan (1973). "The Auxilia of the Roman Army raised in the Iberian Peninsula Volume 1" (PDF 23,5 MB). Universidade de Londres (tese). pp. 393–40).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 John Spaul: Cohors² The evidence for and a short history of the auxiliary infantry units of the Imperial Roman Army, British Archaeological Reports 2000, BAR International Series (Book 841), ISBN 978-1-84171-046-4, páxinas 79–80
- ↑ 4,0 4,1 Margaret M. Roxan (1973). "The Auxilia of the Roman Army raised in the Iberian Peninsula Volume 2" (PDF 9,8 MB). pp. 149–151 (728–730).
- ↑ Jörg Scheuerbrandt: Exercitus. Aufgaben, Organisation und Befehlsstruktur römischer Armeen während der Kaiserzeit. Dissertation, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg im Breisgau 2003/2004, p. 176 (PDF p. 178 Tabelle 18).
- ↑ Diplomas militares dos anos 54/68 (CIL XVI, 6), 60 (CIL XVI, 4), 109 (CIL XVI, 162, RMD-02,84 = AE 1979, 553), 114/117 (CIL XVI, 165), 122 (CIL XVI, 73 = CIL XVI, 169), 124 (CIL XVI, 171), 131 (RMD-03,157 = AE 1985, 991), 153 (RMD-05,409, RMD-05,410, AE 2005, 1726, ZPE-197-243), 156/157 (CIL XVI, 181, CIL XVI, 182), 159 (RMD-01,53 = AE 1960, 103), 161 (RMD-02,107 = AE 1984, 529) e 162/203 (RMD-03,186 = AE 1985, 992
- ↑ AE 1916, 91
- ↑ CIL III, 6065
- ↑ CIL VIII, 21820
- ↑ AE 1955, 208
- ↑ CIL II, 4211
- ↑ AE 1916, 91
- ↑ CIL XVI, 167
- ↑ CIL VI, 3654
- ↑ CIL XIII, 7037
- ↑ AE 1991, 1077
- ↑ CIL XVI, 6
- ↑ ILM 00058
- ↑ CIL XVI, 4
- ↑ Santos Yanguas, Narciso (2018). "Unidades de tropas auxiliares astures en el norte de África". Tiempo y Sociedad (30): 52.
- ↑ CIL XIII, 7037