Teoría da herdanza dual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Coevolución xenes-cultura")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A teoría da herdanza dual (TID), tamén coñecida como coevolución xenes-cultura ou evolución biocultural,[1] desenvolveuse entre as décadas de 1960 e 1980 para explicar que o comportamento humano é un produto de dous procesos evolutivos diferentes e interaccionantes: a evolución xenética e a evolución cultural. Na TID, defínese cultura como a información ou comportamento adquirido por medio da aprendizaxe social. Un dos principios centrais desta teoría é que a cultura evoluciona parcialmente por medio do proceso de selección darwinista, a cal os teóricos da herdanza dual describen a miúdio por analoxía coa evolución xenética.[2]

Neste contexto, a 'cultura' defínese como o 'comportamento aprendido socialmente', e a 'aprendizaxe social' defínese como copiar os comportamentos observados nos outros ou comportamentos adquiridos porque foron ensinados por outros. A maioría dos modelos feitos no campo dependen da primeira dinámica (copiar), aínda que tamén poden ser ampliados á ensinanza. A aprendizaxe social no seu modo máis simple implica copiar cegamente os comportamentos dun modelo (comportamento observado de alguén), aínda que tamén se comprende que ten moitos nesgos potenciais, como o nesgo do éxito (copiar daqueles que se perciben en mellor situación), nesgo de status (copiar a aqueles que teñen maior status), homofilia (copiar dos que son máis parecidos a nós), nesgo conformista (copiar desproporcionadamente os comportamentos que a maioría da xente realiza) etc. Comprender que a aprendizase social é un sistema de patrón de replicación, e comprender que hai diferentes taxas de supervivencia para diferentes variantes culturais aprendidas socialmente, establece, por definición, unha estrutura evolutiva: a evolución cultural.[3]

Como a evolución xenética se comprende relativamente ben, a maioría do DIT examina a evolución cultural e as interaccións entre a evolución cultural e a evolución xenética.

Historicamene, Charles Darwin xa tiña unha teoría sofisticada sobre a evolución da cultura humana e a súa dependencia da selección natural "a un grao subordinado" comparado coas "leis, costumes e tradicións" mantidas pola opinión pública.[4] Aínda que as súas formulacións non son idénticas ás da teoría da herdanza dual.

Á teoría da herdanza dual fixéronselle moitas críticas pola forma en que intentan explicar a evolución da cultura en termos darwinistas (ver máis abaixo).

Base teórica[editar | editar a fonte]

A TID sostén que a evolución xenética e a cultural interaccionan na evolución do Homo sapiens. A TID recoñece que a selección natural de xenotipos é un importante compoñente da evolución do comportamento humano e que os trazos culturais poden ser restrinxidos por imperativos xenéticos. Porén, a TID tamén recoñece que a evolución xenética dotou á especie humana cun proceso evolutivo paralelo de evolución cultural. A TID fai tres afirmacións:[5]

As capacidades culturais son adaptacións[editar | editar a fonte]

A capacidade humana de almacenar e transmitir cultura orixinouse a partir de mecanismos psicolóxicos que evolucionaron xeneticamente. Isto implica que nalgún momento durante a evolución da especie humana un tipo e aprendizaxe social que levou a unha evolución cultural acumulativa foi evolutivamente vantaxosa.

A cultura evoluciona[editar | editar a fonte]

Os procesos de aprendizaxe social dan lugar á evolución cultural. Os trazos culturais transmítense de forma diferente aos trazos xenéticos e, por tanto, teñen como resultado diferentes efectos a nivel de poboación sobre a variación de comportamentos.

Os xenes e a cultura coevolucionan[editar | editar a fonte]

Os trazos culturais alteran os ambientes físicos e sociais baixo os cales opera a evolución xenética. Por exemplo, as adopcións culturais da agricultura e consumo de produtos lácteos, nos humanos, causou a selección xenética para os trazos que permiten dixerir o amidón e a lactosa, respectivamente.[6][7][8][9][10][11] Outro exemplo é que é probable que unha vez que a cultura se fixo adaptativa, a selección xenética causase un refinamento da arquitectura cognitiva que almacena e transmite a información cultural. Este refinamento puido influenciar adicionalmente a maneira en que se almacena a cultura e o nesgo que goberna esa transmisión.

A TID tamén predí que, en certas situacións, a evolución cultural pode seleccionar trazos que son xeneticamente desadaptativos. Un exemplo disto é a transición demográfica, que describe a caída de taxas de nacementos nas sociedades industrializadas. Os teóricos da herdanza dual hipotetizan que a transición demográfica pode ser o resultado dun nesgo de prestixio, no que os individuos que se absteñen de reproducirse para gañar máis influencia en sociedades industriais é máis probable que sexan elixidos como modelos culturais.[12][13]

Críticas[editar | editar a fonte]

Fixéronse varias críticas ás formulacións da TID.[14][15][16]

As críticas máis fortes á TID fanse contra a elección da selección darwinista como marco explicativo da cultura. Para algúns, a evolución cultural non posúe a estrutura algorítmica dun proceso que pode ser modelado nun marco darwinista como o caracterizado por John von Neumann[17] e utilizado por John Holland para deseñar o algoritmo xenético.[18]

Richard Lewontin,[19] Niles Eldredge,[20] e Stuart Kauffman[21] realizaron outras críticas sobre os intentos de enmarcar a cultura en termos darwinistas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O'Neil, Dennis. "Glossary of Terms". Modern Theories of Evolution. Consultado o 28 October 2012. 
  2. Richerson, Peter J.; Boyd, Robert (2005). Not By Genes Alone: How Culture Transformed Human Evolution. Chicago: University of Chicago Press. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2006. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  3. Campbell, D. T. (1965). "Variation and selective retention in socio-cultural evolution". Social Change in Developing Areas, a Reinterpretation of Evolutionary Theory. 
  4. Darwin, C. 1874 (1902). The Descent of Man, second edition. American Home Library. Ver especialmente o capítulo 5.
  5. McElreath, R. & Henrich, J. (2007). "Dual inheritance theory: the evolution of human cultural capacities and cultural evolution". En R. Dunbar and L. Barrett. Oxford Handbook of Evolutionary Psychology (PDF). Oxford: Oxford University Press. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de agosto de 2007. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  6. Simoons, F (1969). "Primary adult lactose intolerance and the milking habit: A problem in biologic and cultural interrelations: I. Review of the medical research". The American Journal of Digestive Diseases 14: 819–836. PMID 4902756. doi:10.1007/bf02233204. 
  7. Simoons, F (1970). "Primary adult lactose intolerance and the milking habit: A problem in biologic and cultural interrelations: II. A culture historical hypothesis". The American Journal of Digestive Diseases 15: 695–710. doi:10.1007/bf02235991. 
  8. Cavalli-Sforza, L., P. Menozzi and A. Piazza. 1994. The history and geography of human genes Princeton: Princeton University Press
  9. Holden, C.; Mace, R. (1997). "Phylogenetic analysis of the evolution of lactose digestion in adults". Human Biology 69: 605–628. 
  10. Durham, W. 1991. Coevolution: Genes, culture and human diversity. Stanford: Stanford University Press. Chapter 5
  11. Perry, G., N. Dominy, K. Claw, A. Lee, H> Fiegler, R. Redon, J. Werner, F. Villanea, J. Mountain, R. Misra, N. Carter, C. Lee, A. Stone. Diet and the evolution of human amylase gene copy number variation. Nature Genetics 39:1256-1260.
  12. Boyd, R. and P. J. Richerson. 1985. Culture and the Evolutionary Process. Chicago: University of Chicago Press. pp. 199-202.
  13. Richerson, P. J. and R. Boyd. 2005. Not By Genes Alone: How Culture Transformed Human Evolution. Chicago: University of Chicago Press. pp. 169-182.
  14. Gabora, L (2008). "The cultural evolution of socially situated cognition". Cognitive Systems Research 9 (1-2): 104–113. doi:10.1016/j.cogsys.2007.05.004. 
  15. Gabora, L (2011). "Five clarifications about cultural evolution" (PDF). Journal of Cognition and Culture 11: 61–83. doi:10.1163/156853711x568699. 
  16. Gabora, L. (2011). How a generation was misled about natural selection. Psychology Today, Mindbloggling.
  17. von Neumann, J. (1966). The theory of self-reproducing automata. University of Illinois Press, Chicago.
  18. Holland, J. (1975). Adaptation in natural and artificial systems. Cambridge: MIT Press.
  19. Fracchia, J.; Lewontin, R. C. (1999). "Does culture evolve?". History and Theory 38: 52–78. doi:10.1111/0018-2656.00104. 
  20. Temkin, I.; Eldredge, N. (2007). "Phylogenetics and material cultural evolution". Current Anthropology 48 (1): 146–153. doi:10.1086/510463. 
  21. Kauffman, S (1999). "Darwinism, neoDarwinism, and the autocatalytic model of culture: Commentary on Origin of Culture". Psycoloquy 10 (22): 1–4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Libros
  • Lumsden, C. J. and E. O. Wilson. 1981. Genes, Mind, and Culture: The Coevolutionary Process. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press.
  • Cavalli-Sforza, L. L. and M. Feldman. 1981. Cultural Transmission and Evolution: A Quantitative Approach. Princeton, New Jersey: Princeton University Press.
  • Boyd, R. and P. J. Richerson. 1985. Culture and the Evolutionary Process. Chicago: University of Chicago Press.
  • Durham, W. H. 1991. Coevolution: Genes, Culture and Human Diversity. Stanford, California: Stanford University Press. ISBN 0-8047-1537-8
  • Tomasello, M. 1999. The Cultural Origins of Human Cognition. Cambridge, Massachusetts: Cambridge University Press.
  • Shennan, S. J. 2002. Genes, Memes and Human History: Darwinian Archaeology and Cultural Evolution. London: Thames and Hudson.
  • Laland, K. N. and G. R. Brown. 2002. Sense & Nonsense: Evolutionary Perspectives on Human Behavior. Oxford: Oxford University Press.
  • Boyd, R. and P. J. Richerson. 2005. The Origin and Evolution of Cultures. Oxford: Oxford University Press.
  • Richerson, P. J. and R. Boyd. 2005. Not By Genes Alone: How Culture Transformed Human Evolution. Chicago: University of Chicago Press.
"Revisións"
Artigos