Saltar ao contido

Code Lyoko: l'esercito dal nulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Título orixinalCode Lyoko: l'esercito dal nulla
Autor/aJeremy Belpois
LinguaItaliano
Xénero(s)Novela
EditorialAlfaguara
Páxinas340
ISBNISBN 978-84-204-0635-0 (italiano) / ISBN 9788420406350 (castelán)
Precedido porCódigo Lyoko: O regreso do Fénix
editar datos en Wikidata ]

Code Lyoko: l'esercito dal nulla (en galego, Código Lyoko: O exército da nada), é o cuarto libro da saga de Código Lyoko escrito por Jeremy Belpois. A súa lingua orixinal é o italiano. Saíu á venda o 24 de novembro do 2010 en España.

Tras a alianza de XANA co Green Phoenix, Aelita busca a XANA no Mirror e dille que lle axudará a ser humano, pero se XANA desobedece a Hannibal o Meigo, este apagará o supercomputador atrapando a XANA. Odd e Yumi, despois da gran batalla librada en Kadic contra os robots infíltranse, xunto á Maior Steinback e cos homes de negro na fábrica a través dos sumidoiros alagados. XANA decide axudar a Aelita e aos demais sen que Meigo se de conta. Queren conseguir facerse coa fábrica e coa Ermida pero hai demasiados soldados do Green Phoenix. Tras un comentario de Ulrich a XANA ocórreselle unha idea: materializar aos mozos na fábrica cos poderes de Lyoko. Jeremy tenta roubar o mando de Hannibal e ocórreselle unha idea: Grigory Nictapoulus está xunto a Jeremy e Memory na sala do supercomputador e non deixa que falen xuntos. Jeremie, coa axuda de Memory, que se desmaiou fronte ao supercomputador cando o seu colgante se iluminou porque Aelita activou o seu, achega un cable eléctrico ao chan da sala que fai desmaiarse. Están a construír uns robots cos poderes de Lyoko pero, segundo eles non se poden activar sen o mando de apagado, Grigory pulsou o botón do mando e o computador apagouse, pero por sorte Jeremy arrincouno tras o calambrazo de Grigory. A medianoite, os Guerreiros de Lyoko estaban dispostos a atacar a Hannibal, pero Dido tiña outro plan. Se ás 0.30 horas Jeremy non a avisaba da vitoria ante o Green Phoenix, Corvo Negro, un cazabombardeiro, destruiría a fábrica con bombas. Yumi e Odd perseguen a Hannibal polo tellado da fábrica e Odd é alcanzado por un disparo, pero aparece no escáner da fábrica san e salvo. Hannibal tentou saír da fábrica cun JetPack pero fallou e caeu ao río Sena. Jeremy conseguiu avisar a Dido do ocorrido e detivo a Corvo Negro.

Aelita prometera que nunca activaría o Código Down pero así tiña que ser pois, se non o facía, os homes de negro quedarían co supercomputador e utilizarían o Castelo como arma, ademais de que lles borrarían a memoria a todos. Lyoko, a Primeira Cidade e XANA foron destruídos co Código Down activado e Dido conservou a memoria dos mozos. Na cea da Ermida Anthea estaba a cociñar cando Aelita e Jeremy deron a boa nova. Recuperara Lyoko e a XANA, que estaba materializado na sala secreta do soto.

Esta historia ocorre nunha liña temporal paralela, onde a volta ao pasado non existe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]