Code Lyoko: La città senza nome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Code Lyoko: La città senza nome (en galego, Código Lyoko: A cidade sen nome) é o segundo libro da saga Código Lyoko, escrito por Jeremy Belpois. A súa lingua orixinal é o italiano. Púxose á venda o 2 de xuño do 2010 en España.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Grigory Nictapoulus é un axente do Green Phoenix, un grupo terrorista que quere facerse co control do supercomputador. Unha fría noite de inverno, acompañado polos seus dous rottweillers, Grigory chega á cidade da torre do ferro e instala nun sinistro apartamento un instrumento dunha altísima tecnoloxía. Comeza a espiar a Aelita e aos seus amigos e ataca ao pai de Odd e aos pais de Yumi cun extranísimo aparello que extrae a memoria e a almacena nunha tarxeta de memoria. Mentres tanto, Jeremy decide investigar sobre Franz Hopper preguntándolle á señora Hertz, a profesora de ciencias que, había 10 anos fora axudante de Hopper. Cando o fai, Hertz queda estrañada e molesta, botando a Jeremy ao corredor. Tras esta visita decide chamar ao director e mándao custodiar o expediente de Waldo Schaeffer baixo chave. Jeremy escoita a chamada e consegue o expediente con axuda de Ulrich e Sissi. Ao observalo, descobre uns códigos que, nun principio, inventara o profesor Hopper para crear Lyoko (chamados Hoppix), e unha dirección. Yumi e Ulrich diríxense á dirección, que se atopa en Bruxelas, e descobren un apartamento no cal hai unha réplica do mundo virtual (que emula a Matrix). Dentro da réplica atopa unha pantasma de Franz Hopper. Despois de materializarse de novo no apartamento comeza unha persecución cos homes de negro terminando a favor dos mozos. Por outra banda, Eva Skinner (XANA), escraviza a Odd, introducíndose no seu corpo.

Aelita atopa na habitación secreta da Ermida outra habitación secreta pero, esta vez, había unha columna-escáner e un terminal do supercomputador. Era outra réplica, pero era unha pista de Franz Hopper, partes da súa vida, xunto a Aelita e a súa nai, Anthea. Jeremie, inconscientemente, mostra a Eva a fábrica e o supercomputador, e por fin XANA ten o acceso a Lyoko e tamén a Grigory, que non os deixaba de espiar, onde está o material que tanto buscaba.

Esta historia ocorre nunha liña temporal paralela, onde a volta ao pasado non existe.

Personaxes novos[editar | editar a fonte]

  • Richard Dupuis: Antigo compañeiro de clase de Aelita, antes de virtualizarse co seu pai. Ten 23 anos e queda impactado tras ver a Aelita con 13 anos (xa que ela durante 10 anos non creceu nin un só día). A primeira aparición de Richard é na Ermida como intruso, que buscaba a Aelita. No seu PDA saían unhas frases e códigos Hoppix que Jeremie tenta investigar.
  • Grigory Nictapoulus: Axente do Green Phoenix encargado de localizar o supercomputador, ten dous cans rottweillers, Hannibal e Escipión, adestrados para o combate e son alimentados con carne crúa de animais vivos e que feriron de gravidade a Kiwi, o can de Odd.
  • Hannibal o Meigo: Xefe do Green Phoenix, é rico, non se coñece o seu rostro e utiliza un modulador de voz para falar por teléfono.
  • Dido: Xefa do distrito dos Homes de Negro en Washington, D.C., ten contacto coa señora Hertz e controla a Lobo Solitario, ten unha secretaria chamada Maggie.
  • Lobo Solitario: Líder dos homes de negro que perseguen a Ulrich e a Yumi, os seus dous compañeiros "Hurón" e "Comadreja", que son dous axentes algo torpes e dependentes de Lobo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2015. Consultado o 19 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]