Code Geass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Code Geass
Na rede
Filmaffinity: 469871
Twitter: GEASSPROJECT Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kōdo Giasu: Hangyaku no Rurūshu (コードギアス 反逆のルルーシュ), coñecido internacionalmente como Code Geass: Lelouch of the Rebellion, é unha serie de animación anime de ciencia ficción. A primeira tempada da serie emitiuna a MBS entre o 5 de outubro de 2006 e o 28 de xuño de 2007 no Xapón.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A segunda tempada da serie coñecida popularmente no Xapón como R2 retransmitiuse entre o 6 de abril e o 28 de setembro de 2008. A serie creouna a empresa Sunrise baixo a dirección de Gorō Taniguchi, encargándose da historia Ichirō Ōkouchi, os personaxes deseñounos o grupo coñecido como CLAMP.

A serie ambiéntase nun mundo alternativo ao real e comeza coa invasión do Xapón polo Santo Imperio de Britania, a única superpotencia da terra, na procura dos seus recursos o 10 de agosto de 2010, segundo o calendario imperial que se corresponde con 1955. Para controlar o país en menos dun mes os invasores utilizan como armas robots (Naitomea Furēmu ou Knightmare Frame). O novo territorio conquistado perde calquera tipo de autonomía, converténdose na Área 11. A poboación nativa queda obrigada a vivir en guetos mentres os británicos viven en coidados asentamentos.