Coca de Monção
Aparencia
Festa da Coca | |
---|---|
A Coca, o dragón que dá nome á festividade. | |
Localización | Monção, Portugal. |
Anos | indeterminados |
Nº edicións | intederminado |
Fundadores | tradición popular |
Data | século XV[1] |
Xénero | Cultural |
Organizador | |
Web oficial | |
Na rede |
A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar na localidade portuguesa de Monção, e que ten lugar o día do Corpus Christi. Adoita celebrarse na Praça de Deuladeu. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos.
A Coca de Monção, ao posuír desde o ano 2002 un irmandamento con Redondela, publicita desde o 2003 esta celebración turística conxuntamente coa Coca de Redondela.[2]
Celebracións similares
[editar | editar a fonte]Existen outras celebracións asentadas sobre a lenda da coca:
- Coca de Redondela
- Coca de Betanzos
- Cucafera de Tarragona: a Cucafera está baseada no mesmo animal mitolóxico.[3]
- Drac de Vilafranca
- Mulassa de Reus
- Tarasca de Santa Marta, en Valencia.
- Tarasca de Granada
- Tarasque de Tarascon, en Tarascón (Bocas do Ródano, Francia).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Pérez, Clodio (1993). A Coca e o mito do dragón. Vigo: Ir Indo. pp. 167–170. ISBN 84-7680-127-0.
- ↑ Cultura Galega. (ed.). "Redondela e Monção irmándanse mediante as súas festas da Coca". Consultado o 27 de outubro de 2015.
- ↑ Cucafera, forma catalá de Coca fera, en referencia á súa fereza e agresividade.