Saltar ao contido

Cneo Cornelio Coso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCneo Cornelio Coso
Biografía
Nacementoséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Mortep. século V a. C. Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
409 a. C. – 409 a. C.
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
PeríodoRepública romana temperá Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCornelii Cossi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisAulo Cornélio Cosso Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
IrmánsPublius Cornelius Cossus (presumiblemente) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Cneo Cornelio Coso ou Gneo Cornelio Coso[1] (en latín: Gnaeus Cornelius Cossus) foi un político da gens Cornelia[2] nos primeiros anos da República Romana, elixido cónsul no 409 a.C. con Lucio Furio Medulino. Tamén fora tribuno consular no 414 a.C.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi membro dos Cornelius Cossi, unha póla da gens patricia Cornelia. Era fillo de Aulo Cornelio Coso, cónsul no 428 a.C. e neto dun Marco Cornelio. O seu nome completa era Cnaeus Cornelius A.f. M.n. Cossus. Era irmán de Publio Cornelio Coso, tamén tribuno consular no 408 a.C.

Primeiro tribunato consular (414 a.C.)

[editar | editar a fonte]

Cneo Cornelio foi elixido tribuno consular no 414 a.C. con Quinto Fabio Vibulano Ambusto, Lucio Valerio Potito e Marco Postumio Rexilense.[3]

No 415 a.C., os ecuos de Bola atacaron Labicum, un aliado de Roma. Ao quedar a cidade illada, os romanos capturaron a cidade dos ecuos e mentres discutían sobre o establecemento dunha colonia alí, os ecuos declararon a guerra á República romana e a reconquistaron e fortificaron. A seguir, o Senado decidiu entón encomendar o mando da campaña a Publio Postumio Albino Rexilense. Este, nunha campaña rápida, levou o exército á vitoria, e volveu tomar Bola pero converteu en inimigos aos seus propios soldados cando incumpriu a promesa de compartir con eles o botín da guerra.

Convocado de volta a Roma, produciuse unha acalorada discusión na asemblea cos tribunos da plebe, especialmente con Marco Sextio, quen ameazou con volver presentar a proposta do tribuno Lucio Decio para a división agraria de Bola, que fora bloqueada o ano anterior mais Marco Postumio, apoiado polos patricios, opúxose e ameazou con decimar o seu exército.[4] Cando a noticia do que estaba a suceder en Roma chegou ao campo militar, os soldados subleváronse. Marco Postumio manexou a situación con excesiva dureza, tanto que cando se produciron novos disturbios pola súa decisión de condenar a morte a algúns soldados, foi capturado xunto co seu cuestor, Publio Sextio e, ámbolos dous, foron apedreados e mortos polos seus propios soldados.[4][5]

Os tribunos da plebe impediron que os tribunos consulares abrisen unha investigación sobre o sucedido.

Consulado (409 a.C.)

[editar | editar a fonte]

No 409 a.C., foi elixido cónsul xunto con Lucio Furio Medulino, como colega, xa no seu segundo mandato.[6] Grazas ás presións dos tribunos da plebe da gens Icilia, por primeira vez na historia da República Romana, foron elixidos tres cuestores plebeos: Quinto Silio, Publio Elio e Caio Papio.

Reforzados polo seu éxito, os tribunos opuxéronse unha vez máis ao alistamento, necesario para responder adecuadamente ás incursións de ecuos e volscos no territorio dos aliados latinos e hérnicos, coa esperanza de gañar máis concesións. Ao final chegouse a un acordo polo que se elixirían ao ano seguinte tribunos consulares, cuxos candidatos podían ser plebeos,[7] pero o Senado conseguiu impedir a participación de calquera representante dos Icilios.[8]

Unha vez organizado o exército, os cónsules marcharon cara a Carvento, que fora conquistada polos volscos e os ecuos sen poder recuperala. En troques, conquistaron Verrugine,[9] no territorio dos volscos.[10]

  1. ↑ Münzer, F. (1900). «Cornelius (116)». RE Band IV, 1 (en alemán).
  2. ↑ "CORNELIUS patrician". strachan.dk (en inglés). 15 de marzo de 2008 [actualizado 15 de agosto de 2014]. Consultado o 6 de marzo de 2023.
  3. ↑ Tito Lívio, Ab Urbe condita IV, 4, 49.
  4. 1 2 Broughton 1951, p. 75
  5. ↑ Tito Lívio, Ab Urbe condita IV, 4, 50.
  6. ↑ Broughton 1951, p. 77
  7. ↑ Broughton 1951, p. 78
  8. ↑ Tito Lívio, Ab Urbe condita IV, 4, 54-55
  9. ↑ Broughton 1951, p. 77-78
  10. ↑ Tito Lívio, Ab Urbe condita, IV, 55, 1-8

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Numerio Fabio Vibulano e
Quinto Quíncio Cincinato e
Publio Cornelio Coso e
Caio Valerio Potito Voluso

Cónsul da República Romana
xunto con Quinto Fabio Vibulano II
Lucio Valerio Potito
Marco Postumio Rexilense

414 a. C.
Sucesor:
Aulo Cornelio Cosso e
Lucio Furio Medulino
Predecesor:
Manio Emílio Mamercino e
Caio Valerio Potito Voluso

Cónsul da República Romana
xunto con Lucio Furio Medulino II

409 a. C.
Sucesor:
Caio Xulio Xulo e
Caio Servílio Estruto Aala e
Publio Cornelio Cosso