Club Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botella de cervexa Club Colombia.

Club Colombia é unha marca de cervexa fabricada pola empresa colombiana Cervecería Bavaria S.A.[1] Naceu en 1949 co nome de Club Sesenta, co gallo dos sesenta anos da fundación Bavaria S.A. e propúxose como a primeira cervexa Premium da compañía,[2] que recibiu en 2008 o premio Gran Medalla de Ouro con follas de Palma do Instituto Monde Selection, por obter unha cualificación superior nas diferentes probas sensoriais e organolépticas.[3] Once anos despois, ó comezo da década dos anos sesenta, esta marca cambiou de nome polo de Club Colombia, e coa súa presentación comercial en Colombia comezaron as exportacións ós Estados Unidos. Os seus elementos simbólicos predominantes foron as réplicas do tunjo precolombiano. Club Colombia foi recoñecida como a cervexa de máis alta categoría das marcas de Bavaria S.A., con máis de medio século de tradición.

A marca foi renovada en 2006, cun redeseño de etiquetas e da botella. Porén, conserva como escudo o tunjo precolombiano que aparece dende a orixe da marca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Club Colombia". Club Colombia (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  2. "Viagem: 6 Cervejas e Bares na Colômbia - Cerevisiae". Cerevisiae (en portugués). 15 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  3. "Cerveza colombiana recibe 5 premios internacionales" (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]