Club Atlético de Madrid (baloncesto)
Atlético de Madrid | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1922 |
Desaparición | 1991 |
Cores | Vermello, branco |
Localización | |
Cidade | Madrid, España |
Pavillón | Pabellón Municipal |
Capacidade | 3 500 |
A sección de baloncesto do Club Atlético de Madrid foi un club profesional de baloncesto con sede en Madrid, España. Foi fundado en 1922 por Ángel Cabrera,[1] un dos máis importantes impulsores do baloncesto na rexión e que anos despois fundaría o Real Madrid Basket-Ball. Desde os seus comezos viviu unha continua sucesión de desaparicións e refundacións sen encontrar estabilidade até que finalmente desapareceu en 1991.
A supervivencia do club ao longo da historia foi posíbel grazas a compras ou fusións de clubs que lle permitiron refundar a sección ocupando as prazas nas competicións dos equipos implicados. O último deles foi o Club Baloncesto Collado Villalba, que co nome de Atlético de Madrid-Villalba competiron na temporada 1990−91 da Liga ACB. Despois do acordo tras finalizar a temporada, o club disolveuse e desapareceu definitivamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Baloncesto 1922-Ángel Cabrera y los clubes madrileños". feb.es (en castelán).